O remitente, quere saber como vai ser o retorno das pezas (cruz de cristal de roca e virxe de marfil abrideira) que foron para a Exposición Regional Gallega de 1909, pregunta sobre as opinións dos expertos sobre ditas pezas e que valor económico poderían ter.
O remitente solicita se cumpran os desexos do Sr. Cura, pero non mencionan o seu nome.
O remitente comunica que dous anticuarios con afán de facer negocio ofertaron polas pezas (cruz de cristal de roca e virxe de marfil abrideira) que estiveron na Exposición Regional Gallega de 1909, un prezo inferior, comparando co prezo que Oviedo Arce lle dera.
O remitente reclama as fotografías que prestou para a Exposición Regional Gallega de 1909, e si xa está o catálogo da exposición, que tamén llo envíen.
O remitente, vicario do convento de Santa Clara de Allariz, comunica que o bispo da diocese reclama sexan devoltas urxentemente as pezas (cruz de cristal de roca e virxe de marfil abrideira) que foron para a Exposición Regional Gallega de 1909. Tamén asina a abadesa. An. ms. `Lda. 20/3`
A remitente, felicita polo éxito acado pola exposición e reclama os gravados da Exposición Regional Gallega de 1909, xa que ten posibles compradores. An. ms. `Lda. por D. Eladio [...] envío [...]`.
O remitente, solicita sexan devoltos os obxectos enviados para a Exposición Regional Gallega de 1909, menciona ademais que do conxunto de cáliz e patena de prata de S. Pedro de Portomarín, só foi devolto o cáliz.