Diversos inventarios manuscritos de pezas, doantes, lugares...
Varios borradores do fallido catálogo da Exposición Regional Gallega de 1909
Inclúe os boletíns de inscricións, resgardos e algúns listados manuscritos das pezas da mostra
Notas sobre as pezas da mostra, e tamén inclúe as cartelas que acompañaban as pezas na Exposición Regional Gallega de 1909, recompilación da información previa para elaboración de ditos materiais complementarios
Notas soltas manuscritas para contextualizar as pezas que formaban parte da mostra de 1909
Conxunto de documentos elaborados polos comisionados da Exposición nas súas viaxes para buscar colaboracións e participantes na mostra, así como se inclúen tamén documentos dos responsables da Exposición para axudarlles nestas tarefas
Fotografías realizadas para ser expostas durante a propia Exposición Regional Gallega de 1909, e algunhas como mostrario das pezas para a organización