Resumo do importe das obras de reparacións e decorados no edificio San Clemente, asinadas por Ricardo Blanco-Cicerón e Manuel Bouzón. Leva unha tachadura en forma de aspa en lápis azul.
Contén as contas de 33 días, desde o 19 de maio ao 21 de xuño, referidas ao transporte e embalaxe de distintos obxectos para Exposición Regional Gallega de 1909 entre Vigo a Santiago.
Contén orzamento detallado para alfombrar con linóleo distintas entancias e corredores do edificio San Clemente, sede da Exposición Regional Gallega de 1909.
Contén detallado os importes das partidas orzamentarias para Exposición Regional Gallega de 1909 referidas ás obras, instalacións e gastos varios (viaxes, transporte, reproducións de fotografías).
Orzamento detallado das obras de rehabilitación que se proxectan no edificio San Clemente para ser a sede da Exposición Regional Gallega de 1909, asinado polo presidente e polo secretario da sección, Pedro Pais Lapido e Máximo de la Riva. Inclúe as condicións de subasta para o posible contratista das obras.
Contén detallado os importes dos gastos dos meses de xaneiro, febreiro e marzo ocasionados pola Sección Arqueolóxica. de Exposición Regional Gallega de 1909. Asinados por Victoriano Pena. Inclúe borrador.