O remitente informa que Cea garda máis pezas da Exposición Regional Gallega de 1909 das que lle enviara Ricardo Blanco-Cicerón por Apolinar, e que deben ser devoltas.
O remitente mostra o seu fondo pesar polo pasamento de D. Antonio López Ferreiro, Presidente da Comisión Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón o envío por parte de Ignacio Leiceaga dunha folla de subscrición na que constan uns obxectos
O remitente pregunta cando poderá recoller os obxectos da Exposición Regional Gallega de 1909 xa rematada, por que moito lle insisten no tema o Deán da Catedral de Ourense e outros expositores que cederon pezas.
Tarxeta coa imaxe da torre monolítica coa espadaña de San Pedro de Rocas
O remitente comunica a devolución dos obxectos cedidos para a Exposición Regional Gallega de 1909 e que probablemente se faga unha pequena exposición no Museo ourensán. Indica que o Bispo conformouse coas explicacións que lle deran sobre a Cruz de Allariz. Avisa que está poñendo diñeiro propio para os envíos.
O remitente avisa das dificuldades para lograr algunhas cousas, e que é mellor xestionar os envíos con coidado para a Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente informa que apareceu unha chave que semella importante, solicita unha foto do Cego dos munifates e datos sobre un escultor e un artista de monicreques que estiveron na Exposición Regional Gallega de 1909. Tamén comunica que enviará a chave
O remitente informa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre as xestións para que unha persoa acompañe os obxectos facturados no vagón do tren, aínda que non estea permitido
O remitente refire a chegada no tren de 4 caixas coas devolucións de pezas prestadas á Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente insiste na petición de que se apuren a devolver as pezas enviadas á Exposición Regional Gallega de 1909, porque tamén son visitadas noutros museos, e comeza a haber recelos. Tamén trata cuestións económicas referentes as contas dos gastos da mostra
O remitente comunica a Ricardo Blanco-Cicerón a falta de determinados obxectos nas devolucións trala clausura da Exposición Regional Gallega de 1909, se ben resta importancia a algúns desperfectos, pero confía que aínda podan aparecer os que non están
Na posdata dunha carta persoal o remitente trata asuntos da Exposición Regional Gallega de 1909 sobre unha lápida de Berres e o capitel de Setecoros, e diversas xestións acerca destas pezas.
O remitente solicita que o propio Ricardo Blanco-Cicerón faga entrega do `bombo judicial do século XVIII`, peza exhibida na Exposición Regional Gallega de 1909 en nome do Museo de Pontevedra, a Joaquín Losada Amor. Tamén pregunta por un paquete con debuxos que está pendente de recibir dende hai meses que llo prometera Ricardo Blanco-Cicerón
O remitente trata o tema da devolución de pezas, tanto propias e particulares como do Mosterio de Lourenzá, trala Exposición Regional Gallega de 1909: unhas faltan, outras teñen desperfectos, outras están cambiadas. Pequena alusión ao paso do cometa Halley
O remitente comunica a Albino Fernández que pode mandar recoller as pezas que prestou para a mostra. Estarán a súa disposición na casa de Simeón García. O destinatario fai unha autorización (`mayo 20 de 1919`) na misma folla a nome de Manuel Fidalgo, e este tamén nesa folla, asina un recibí en `Orense, 10 junio 910`
O remitente reclama a Ricardo Blanco-Cicerón unha visita e o pago de facturas derivadas da Exposición Regional Gallega de 1909, e critica a mala xestión que se fai dende Santiago da cuestión económica, polo que require unha reunión para revisar as contas e sometelas a examen e aprobación.
O remitente comunica que xa se saldaron todos os asuntos económicos pendentes co Comité de Pontevedra.