Minuta de honorarios devengados por parte de Lorenzo López Rego polo seu caso do Banco de Santiago contra Camilo Bertorini, ao letrado Julián Obaya.
Documento no que se intentan relatar como foron os feitos favorables aos intereses do Banco de Santiago, e de como tentou Camilo Bertorini reembolsar cantidades que recibira con catro letras de cambio a cargo de John S. Mould, que non se cobraron.
Auto de Ángel Astray Fernández do xulgado de 1ª Instancia de Padrón declarando a improcedencia da devolución duns documentos propiedade de Camilo Bertorini a petición do seu avogado José Mª Cristobo y Mella, no caso do Banco de Santiago (Lorenzo López de Rego).
Alegato do procurador Manuel Giménez, en nome do director do Banco de Santiago, Lorenzo López de Rego, no expediente de execución contra Camilo Bertorini para o pago de 8.476 escudos a favor do primeiro e tamén petición de licenza para iniciar accións por calumnias e inxurias contra o procurador de C. Bertorini.
Carta do avogado José María Núñez a Lorenzo Rego xuntando copia do auto do xulgado de 1ª Instancia de Padrón, no xuizo do Banco de Santiago contra D. Camilo Bertorini.
Carta do avogado José María Núñez a Lorenzo López de Rego no que adxunta escrito coas dúbidas sobre como deben levar o caso do Banco de Santiago.
Minuta de honorarios pagados ao letrado Julián Obaya na súa defensa do Banco de Santiago contra Camilo Bertorini, por importe de161 escudos.
José María Núñez remítelle por carta a Lorenzo López Rego a copia do contrato outorgado entre Pérez Bobadilla e Camilo Bertorini, en relación co caso do Banco de Santiago.
Carta de Ramón Solla a Lorenzo López Rego felicitando polo éxito no preito do Banco de Santiago, e xunta a Real Sentenza na que se falla declarando culpable a Camilo Bertorini.