Registros encontrados: 1 Total Páginas: 1
Godás Retorta, Maximino, Fotógrafo . (Verín )
1925
1 fotografía(s)
Positivo en branco e negro
122 x 170 mm.
Vista de dous peliqueiros nunha rúa de Laza, vestidos co traxe de peliqueiro: a máscara, camisa, chaqueta, pano sobre os ombreiros, faixa, cinto con chocas, calzóns curtos adornados con flocos e pompóns, medias e zapatos. O da esquerda leva a careta levantada e mira para o chan; na súa man dereita sostén a zamarra, unha especie de látego de coiro con mango de madeira. O da dereita está de costas, o que permite ver a pelella posterior da carauta; tamén leva a zamarra na man dereita. Ao redor, varios rapaces sen disfrazar.
CFX/Foto-29//27
Página: 1/1