Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
En formato vertical, retrato infantil, de corpo enteiro, sedente e frontal. A nena leva vestido claro con volantes nos ombreiros, bastas e puntilla no baixo, amais de zapatos e calcetíns negros. Está sentada sobre unha cadeira escura con decoración de flocos. Fondo de arquitectura pintada.
En formato horizontal, retrato de grupo infantil, de corpo enteiro, sedente e frontal. Na esquerda, nun pequeno carro, dúas nenas con vestidos brancos e flocos moi curtos sobre a fronte. No centro, unha moza con vestido escuro e colo branco e un neno con traxe de mariñerio. Na dereita, unha moza con mandil branco e bebé con vestido branco longo e cabeza rapada entre as pernas.