Vista detalle da impronta en papel dunha moeda ou medalla; no anverso, dúas figuras enfrontadas. No reverso, unha cuadrícula con números e unha lenda en disposición circular ilexible.
Vista detalle da impronta en papel dunha medalla; no anverso, unha especie de escudo con 12 celdas, e rodeada de catro lendas (ilexibles) . No reverso, pentágono invertido no que se insiren varios círculos concéntricos, amais dunha lenda perimetral.
Vista detalle da impronta en papel dunha medalla; no anverso, figura sedente cara esquerda, unha aguia e a lenda SATQVIEL . No reverso, cuadrícula de 4 x 4, coa serie numérica do 1 ao 16, inscritos, amais da lenda OEOE.
Vista detalle da impronta en papel dunha medalla; no anverso, figura frontal de corpo enteiro e de pé con capa. No reverso, cuadrícula de 4 x 4, coa serie de números do 1 ao 16, inscritos.
Vista detalle da impronta en papel dunha moeda; no anverso, 2 figuras de perfil con arco e as letras VN. No reverso, cuadrícula con diversos signos inscritos.
Vista detalle da impronta en papel dunha moeda; no anverso, unha figura frontal cos brazos abertos e un lenda perimetral ilexible. No reverso, cuadrícula con diversos signos inscritos, e lenda circular ilexible.
Vista detalle da impronta en papel dunha moeda; no anverso, unha figura frontal con báculo con dúas serpes. No reverso, cuadrícula con diversos signos inscritos.
Listado composto de 72 moedas romanas con descrición de anverso e reverso.
Listado de moedas das colonias de España.
Un borrador sobre o descubrimento fortuito dunhas moedas de prata e de chumbo nas inmediacións dun cruceiro na parroquia de Baredo, no concello de Baiona.
Conxunto de 54 improntas de diversas moedas, inclúe anverso e reverso.
Conxunto de 44 improntas de anverso e reverso de varios tamaños e de diversas moedas nacionais e estranxeiras, ademais de medallas conmemorativas.
Conxunto de 224 improntas, unha delas en lacre vermello, de diversas moedas nacionais e estranxeiras, inclúe anverso e reverso.
Conxunto de 50 improntas, de diversas moedas nacionais e estranxeiras, inclúe anverso e reverso. Están numeradas
Conxunto de varias improntas, de diversas moedas nacionais e estranxeiras, inclúe anverso e reverso. Están numeradas
Un borrador sobre o descubrimento fortuito dunhas moedas de prata e de chumbo nas inmediacións dun cruceiro na parroquia de Baredo, no concello de Baiona.