Tarxeta de visita de Pablo Barral, Anticuario. En realidade é un membrete dunha carta que Ricardo Blanco-Cicerón gardou co resto das tarxetas.
Tarxeta de visita de Valentín Cerecedo para recomendar ao cura ecónomo de Louro, José García Beiro, como coadxutor na Pobra.
Tarxeta de visita de Manuel Cid Pombo a Ricardo Blanco-Cicerón por un posto de aprendiz que vai quedar vacante nun comercio do grupo De la Riva e recomenda ao fillo dun sarxento.
Tarxeta de visita de Pedro Landa Álvarez para facilitar e presentar a Ricardo Blanco-Cicerón a un terceiro que o acompañe ao Consulado portugués para poder pasar a Valença.
Tarxeta de visita de Vicente Cortizo Aren a Samartín para que faga chegar unha recomendación a Caracedo, quen vive cerca de Ricardo Blanco-Cicerón, sobre José García Leiro.