Escritura de depósito de pezas de escultura románica, incluídas na herdanza de Ricardo Blanco-Cicerón, para formar parte da Exposición de Arte Románica de 1961, celebrada en Santiago. Asinan Tomás Blanco-Cicerón, Manuel Chamoso Lamas, o Presidente do Cabido da Catedral e o Fabriqueiro. Inclúe listado de pezas da colección Blanco-Cicerón que se depositaron no Museo Lapidaria da Catedral de Santiago.
Carta do comisario adxunto da Exposición de Arte Románica a celebrar en Barcelona e Santiago, onde solicita unha serie de pezas románicas da colección Blanco-Cicerón. Inclúe sinatura manuscrita. Contén o listado das pezas e o sobre.
Carta do comisario adxunto da Exposición de Arte Románica a celebrar en Barcelona e Santiago, onde agradece ao destinatario a colaboración e cesión dunha serie de pezas románicas da colección Blanco-Cicerón. Inclúe sinatura manuscrita. Contén o sobre.
Carta do comisario adxunto da Exposición de Arte Románica a celebrar en Barcelona e Santiago, onde agradece ao destinatario a colaboración, ao tempo que pide lle indique a data de visita a Santiago para atendelo debidamente. Inclúe sinatura manuscrita
Carta de saúdo, agradecemento e envío dunha invitación nominal dobre, para asistir á Exposición de Arte Románica de 1961, celebrada en Santiago e Barcelona. Inclúe a invitación a nome de Tomás Blanco-Cicerón e señora
Carta de Gratiniano Nieto, Director Xeral de Belas Arte, agradecemento a colaboración da familia Blanco-Cicerón coa cesión de varias pezas para a Exposición de Arte Románica de 1961 en Santiago. Inclúe o sobre.