Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911
Debuxo de colar ríxido, en forma de `C` bastante aberta coa barra de sección romboidal e os remates bitroncocónicos.
Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911
Debuxo dun colar ríxido en forma de `C`, case circular, composto por barra de sección circular no centro lisa, nos laterais, adornado en espiral, cun arame circular enrolado. Ten os remates bitroncocónicos
Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911
Debuxo dun colar ríxido en forma de `C`, moi pechada, case circular. Composto por barra de sección circular, no tramo central, decorada con filigrana formando unha greca de oitos; nos laterais, arames enrolados. O remate (falta un) troncocónico e escocia (moldura cóncava).
Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911
Debuxo de colar ríxido en forma de `C`, case circular. Composto por unha barra de sección romboidal lisa e dous remates, troncocónicos e escocia (moldura cóncava).
Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911
Debuxo de tres fragmentos de torques con barra de sección romboidal e remate en forma de landra.
Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911
Debuxo de medio torques, unha barra, e dous remates. O colar, o torques de Viveiro, con barra de sección romboidal cunha parte decorada con zigzag e remate bitroncocónico. Barra de sección romboidal decorada con motivos ornitomorfos, e un extremo retorcido. Os dous remates, troncocónicos e escocia (moldura cóncava), un deles decorado con roseta de seis puntas.
Campo Sobrino, Enrique, 1890-1911
Debuxo dun brazalete ríxido, circular sen chegar a pechar. Laminado coa parte central dividida por incisións horizontais.