O remitente comenta acerca das visitas de Eladio Oviedo Arce e Magariños, e o agasallo deste dunha talla que coñece Blanco-Cicerón ao Museo de Pontevedra
Sampedro agradece unhos restos de madeira procedentes do Pazo Episcopal e pide a Blanco-Cicerón que faga chegar unha recomendación dun alumno de Castroviejo na asignatura de Facenda Pública, José Casas Rodríguez
Sampedro informa a Blanco-Cicerón da morte de Campitos, debuxante e investigador, e lle conta o funeral con todo detalle
Sampedro participa de certo enfado a Blanco-Cicerón
Sampedro agradece a revista `The Stude`, e ofrece un exemplar de `Mobiliario litúrgico` de Villa-amil
Sampedro comenta un documento con selo que podería estar relacionado con Privilexio de Paio Gómez Charino
O remitente, propietario dunha casa editorial alemana, informa sobre a tirada do almanaque de coleccionistas que é de 3000 exemplares, si quere incluir fotografias, o prezo sería maior, e debe enviar as fotos para editar. Inclúe o sobre orixinal e un borrador Ricardo, en francés
O remitente, amigo de Ricardo solicita unha serie de documentos en pergameo pertencentes ao Sr. Jacobo Pedrosa, consultados a súa vez por López Ferreiro para a obra `Fueros Municipales de Santiago y de su tierra` e uns fragmentos do `Fuero Juzgo`.
O remitente comenta que nun rastro atopou pezas variadas e de interese (marfil, coiros, tapices...)
O remitente ofrece en venda a Blanco-Cicerón as moedas da súa colección
Blanco-Cicerón comunica a Marcelo Macías que ten a intención de publicar un catálogo das pezas célticas da súa colección, e pide ao seu amigo que lle faga o prólogo
A remitente ofrece en venda a Blanco-Cicerón un cadro do século XVII dunha Virxe co Neno Xesús, e cun informe favorable de Eladio Oviedo Arce