O remitente agradece o envío da información que lle solicitaba sobre a urna funeraria de vidro da colección de Blanco-Cicerón, recoñecendo a súa extraordinaria calidade.
A remitente, prima e afillada de Ricardo Blanco-Cicerón, felicítao no seu santo, á vez que lamenta o pasamento da nai deste e fala doutros membros da familia. Na mesma carta escribe tamén José Bargiela.
O remitente solicita unha medida concreta da urna funeraria de vidro da colección de Blanco-Cicerón, e que urxe porque ten parada imprenta mentres non teña o dato para completalo
O remitente comenta a Blanco-Cicerón os detalles duns libros de luxo en venda que son do seu interese
A remitente, pregunta a Ricardo sobre unha arca valorada en 4000 reais polo propio Ricardo; en caso de que xa fora vendida, lle envíe os cartos da venda, en caso negativo, que lle envíe os cartos que el, na súa sabiduría, considere oportunos, xa que precisa reunir diñeiro.