Estampa de Nosa Señora do Sacro Corazón, coa imaxen da Virxe co Neno no colo e o corazón rodeado da coroa de espiñas e atravesado por espadas. Texto inferior.
Estampa do Sacro Corazón de María, coa imaxen dun gravado da Virxe co Neno no colo co corazón en rodeado dunha coroa de espiñas e atravesado por espadas. Texto en portugués na parte superior e na inferior en castelán e italiano.
Estampa coa imaxe do arcanxo Rafael. O reverso en branco.
Estampa troquelada e con relevo da Inmaculada Concepción, coa imaxen da Virxe cos seus atributos e rodeada de anxos.
Estampa coa imaxe do Papa San Gregorio Magno, sedente, con triple tiara e halo de santidade e escribindo nun libro.
Estampa coa imaxe de San Caetano, coa coroa de santidade calada e hábito da orde, vara de azucena nunha man e Neno con orbe na outra. Aos pés, unha mitra, un báculo e un cáliz. No reverso, unha oración impresa.
Estampa coa imaxe de San Xoán da Cruz, portando o atributo sobre o ombreiro, con hábito con rosario e halo de santidade., cunha lenda en francés. No reverso, unha oración impresa.
Estampa coa imaxe de San Xoán da Cruz, ante unha cruz nun escritorio con pluma e libro; leva hábito da orde e coroa de santidade. O reverso en branco.
Estampa coa imaxe de San Ignacio de Loyola, con hábito xesuíta con rosario, libro aberto nas mans e coroa de santidade. No reverso actos dunha celebración en honra do Santo.
Estampa coa imaxe de San Antonio de Padua, con hábito da orde con cordón e rosario, coroa de santidade e vara de azucenas; no brazo esquerdo, o Neno. Na dereita un reclinatorio cun libro aberto. No reverso, publicidade dunha fábrica de chocolate e mantecadas.
Estampa coa imaxe de San Luis Gonzaga ante un escritorio, alba branca, cruz na man e vara de azucenas na outra, con coroa de santidade. O reverso en branco, garabatos manuscritos a lapis.
Estampa coa imaxe do Sagrado Corazón do Neno Xesús, con túnica rosa co corazón inflamado no peito, coroa de santidade. A imaxe vai rodeada de follas, flores e estrelas pegadas nun fino tecido transparente en forma de folla.
Estampa troquelada dun gravado do Neno Xesús nun cáliz. Texto na parte inferior. No reverso, unha oración.
Estampa troquelada e con aplicacións de purpurina, do Neno Xesús de pé, cun neno máis cativo. Texto na parte inferior. No reverso, unha oración.
Estampa coa imaxe de Santa Ana coa Virxe María lendo un pergameo. No reverso, unha oración.
Estampa coa imaxe da aparición de Xesús co corazón inflamado no peito a María Alocoque. No reverso, unha oración impresa e unha dedicatoria manuscrita.