Vista detalle dunha bóveda con nervaduras e claves circulares con decoración de motivos xeométricos e vexetais, sobre columnas entorchadas.
Vista detalle da xamba pétrea dunha porta con motivos vexetais de follas entre as que destacan unha cabeza e a figura dun home espido, de costas e agachado.
Retrato dunha rapaza de raza negra, de corpo enteiro, de pé e frontal, nun exterior. A moza leva vestido branco, vai descalza, leva os cabelos recollidos en trenzas, ten un libro na man esquerda e a dereita apoiada sobre unha peaña con imaxe de Xesús Entronizado.
No anverso imaxe de dous estandartes, un recollido e outro despregado, no primeiro un escudo; no segundo imaxe da Virxe das Dores.