Acta da 5ª velada literaria celebrada no Casino de Santiago, presidida por unha comisión da que era presidente Julián Obaya, vicepresidente Luis Rodríguez Seoane y secretarios Pedro Pais Lapido, Alfredo Vilas, Cecilio Neira e un máis. Durante a Velada houbo diversas lecturas e actuacións musicais, e tomouse nota de varias iniciativas culturais.
O remitente comunica a autorización do Mº de Instrucción Pública para que se preparen e exhiban na Exposición Regional Gallega de 1909 unha serie de obras que se reintegrarán á Biblioteca de Valencia cando remate a exposición.
O remitente, Subsecretario da Sección de Bellas Artes, comunica a Real Orde do Mº de Instrucción Pública para que os xefes das bibliotecas e museos estatais preparen para a Exposición Regional Gallega de 1909 as obras de interese para Galicia.
O remitente, da Sección de Archivos, Bibliotecas y Museos, comunica ao Archivo Histórico Nacional a autorización do Mª de Instrucción Pública para que se preparen e exhiban na Exposición Regional Gallega 1909 unha serie de documentos, entre eles, a Crónica Troiana
O remitente, da Sección de Archivos, Bibliotecas y Museos, comunica á Biblioteca Nacional a autorización do Mª de Instrucción Pública para que se preparen e exhiban na Exposición Regional Gallega 1909 unha serie de documentos (Sobrado, Oseira ou Toxoutos)
O remitente, xefe do Museo de León, confirma o envío de obxectos para a Exposición Regional Gallega de 1909, e xunta inventario con notas das pezas. An. Ms. `Cont. 31 jul`
O remitente arcipreste do Cabido de Tui, informa da recepción do oficio remitido pola Comisión e manifesta intención do cabido de contribuír en todo o que sexa posible para presentar na Exposición Regional Gallega de 1909.
O remitente, por autoridade do deán Arturo de Sandoval y Abellán, felicita a celebración da Exposición Regional Gallega de 1909 pero lamenta non poder enviar obxectos, xa que están en uso e culto na Cámara Santa.
O remitente, deán de Zamora, informa que a comisión creada para a busqueda de obxectos para incluir na Exposición Regional Gallega de 1909, creada polo bispo, non atopou ningunha peza para enviar a Santiago. Anotación manuscrita `Cont. 2 jul`
O remitente, reitera o permiso para enviar as obras escultóricas de Gregorio Hernández á Exposición Regional Gallega1909, indicando que os gastos correrán a cargo da Comisión da exposición.
O remitente, do Cabido Metropolitano de Santiago, acepta a invitación para cooperar na Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente, informa que reunida a academia en xunta extraordinaria, acordaron o envío das obras escultóricas de Gregorio Hernández á Exposición Regional Gallega de 1909, pero indica tamén que deberán ir acompañadas dun emisario propio, D. Ángel Diaz y Sánchez.
O remitente, Ministro de Gracia y Justicia, remite a súa vez unha carta recibida do Bispo de Lugo, resposta a unha previa na que lle manifestara os seus desexos de que a Diocese de Lugo estivera presente na Exposición Regional Gallega de 1909. A carta do Bispado de Lugo inclúe outra nota sobre o nomeamento de Lago como bispo de Osma
O remitente, persoal do Archivo Provincial de Hacienda de Lugo, envía oficio do informe remitido ao Gobernador Civil cos doce diplomas que haberán de exhibirse na Exposición Regional Gallega de 1909, procedentes dos fondos de dito arquivo
O remitente, presidente da Xunta Central da Exposición Regional Gallega de 1909, comunica ao Ministerio a celebración da futura exposición e informa da rehabilitación e ocupación do edificio San Clemente, destinado á Escola de Artes e Industrias e de Veterinaria, e que pasará a ser a sede da mostra.
Inclúe a resposta do Subsecretario do Ministro co data `5 junio 1908`, derivando a consulta ao Reitor da Universidade de Santiago
O remitente, presidente da Xunta Central de Exposición Regional Gallega de 1909, comunica ao destinatario a formalización en conta dun importe de 3133 pesetas, abonadas polas obras de rehabilitación do edificio San Clemente.
O remitente, presidente do Comité Executivo da Exposición Regional Gallega de1909, convoca ao destinatario, secretario da Comisión Arqueolóxica, a unha reunión para tratar asuntos urxentes e importantes.
O remitente necesita contactar co Pérez Costanti, vocal da Comisión, para tratar asuntos ecónomicos, polo que solicita ao destinatario que o avise para poder concertar a reunión. An. ms. `Lda. 7 junio`
O remitente informa sobre os traballos de propaganda da Exposición Regional Gallega de 1909 en diversos xornais (`El Imparcial`, `El Liberal` ou `El Diario Universal`), ademais pide ao destinatario que faga reseñas para publicitar a mostra
O remitente informa da publicación no Boletín Eclesiástico da circular realizada pola Comisión de Arqueoloxía da Exposición Regional Gallega de 1909.