Pacheco Guedes, José, Fotógrafo . (Ourense )
Retrato de parella de dous nenos disfrazados segundo a moda de 1800. A nena leva un vestido longo, estilo imperio, de manga curta, con luvas longas e zapatos de tacón; leva unha perruca cuns longos bucles caendo sobre os ombros e adornada con plumas. O neno, tamén con perruca, leva chaqueta con faldróns nas costas, calzón curto e medias e zapatos. A nena apoia a súa man esquerda na man dereita do neno, nun ademán de iniciar unha danza.
Pacheco Guedes, José, Fotógrafo . (Ourense )
Retrato dunha nena vestida de branco con melena curta e rizada recollida cunha lazada branca na parte superior da cabeza. Está xogando cunha pelota, que está suspendida no aire. Detrás, un pano de fondo que debuxa un xardín