O remitente, agradece o elevado donativo da familia Blanco Cicerón para a realización da Gran Cruz do Monte Aloia
O remitente, agradece o elevado donativo da familia Blanco-Cicerón para a realización da monumental cruz homenaxe a Cristo Redentor
A remitente, sobre o material para realizar unha pía de auga bendita que Ricardo quere regalar á capela de San Telmo
O remitente, presbítero de Tui, solicita a Ricardo colaboración para a elaboración dun deseño para unhas andas para a imaxe de S. Luis Gonzaga por un prezo máximo de 125 pesetas.
O remitente, presbítero de Tui, adxunta nota cos datos técnicos da imaxe de Xesús, amais dun esbozo.
O remitente, presbítero de Tui, informa sobre a necesidade de facer máis grandes as andas para a imaxe de Xesús, debido ao peso e tamaño da propia imaxe.
O remitente, presbítero de Tui agradece a Ricardo a súa participación na adquisición dunhas andas para imaxe Xesús. Solicita o importe da obra para que o doante poida facer o pago. Comenta a idea de facer tamén outras andas para a imaxe da virxe das Dores
O remitente, presbítero de Tui solicita a Ricardo lle pase o importe da obra para imaxe de Xesús, para que o doante poi facer o pago
O remitente, presbítero de Tui, e membro da congregación de S. Luis Gonzaga, solicita a Ricardo, membro fundador da congregación, unha aportación económica para poder adquirir unha imaxe da Purísima Concepción
Casto Vázquez Juez, secretario de Beade, saúda e informa sobre o envío dunhas fotografías dun crucifixo
Vista detalle dun Crucificado con tres cravos, pano de pureza atado e coroa en forma de prato. A cruz vai sobre unha peaña semicircular cunha caveira. A modo de fondo, leva un pano brocado con lenda bordada.
Vista detalle dunha custodia de madeira con pé de motivos vexetais e tres niveis. No primeiro, catro figuras de santos; no segundo, o expositor da sagrada forma; no último, figura de santo ou rei.
Vista dun corredor do claustro baixo do Colexio San Clemente que albergaba a Sección Arqueolóxica da Exposición Rexional Galega, na que se ven diferentes pezas distribuídas en ambas paredes: á esquerda, varias pezas de louza, ao fondo un tapiz e a esquerda columnas salomónicas e uns manequíns. Ao fondo, vixiante uniformado con gorra de prato.
Recibo dun bazar de antigüidades de Oporto, a nome de Juan Areses por 14 cadeiras e 2 bancos, por importe de 202.500, incluída a embalaxe