O remitente informa dunha casa vella xunto á muralla de Lugo que ten varias lápidas nas paredes
O remitente, Ministro de Gracia y Justicia, remite a súa vez unha carta recibida do Bispo de Lugo, resposta a unha previa na que lle manifestara os seus desexos de que a Diocese de Lugo estivera presente na Exposición Regional Gallega de 1909. A carta do Bispado de Lugo inclúe outra nota sobre o nomeamento de Lago como bispo de Osma
Declaración xurada de prestación de servizos voluntarios e gratuitos como enfermeira por trecentos días no hospital militar de San Caetano de Santiago, a nome de Ana María Castroviejo, e concesión dunha medalla e pasador que lle corresponden
Certificación en favor de Ana María sobre a prestación de servizos gratuitos como enfermeira no hospital militar de Santiago, asinada polo médico xefe Luis Sánchez Harguindey e polo facultativo Juan Barcia Eleicegui
O médico xefe de saúde pública e director da rexión sanitaria do estado de Yaracuy, da constancia do desempeño laboral como médico xefe do servizo de hixiene mental adscrito á Unidade Sanitaria de San Felipe de Darío Acuña Lagos.
O médico director do sanatorio mental de Nirgua, no estado de Yaracuy, remite carta de despedida a Darío Acuña Lagos, xa que volve a España, e adxunta documento de constancia do bo desempeño laboral como psiquiatra de Darío Acuña Lagos entre os anos 1969 e 1970.
Curriculum do Dr. Acuña Lagos, especificando datos persoais, títulos e traballos. Inclúe fotografías dos títulos e fotocopias de outros documentos.
Suárez, José, 1902-1974, Fotógrafo
Muller de idade avanzada fiando la a carón dun cabaceiro feito de varas e coa cuberta de palla. Leva pano da cabeza, blusa, saia e mandil.
Escena doméstica dun home asando carne na pedra da lareira. O home está sentado nunha cadeira de madeira dando voltas á carne que leva un espeto inserido, apoiado no trasfogueiro situado a carón da parede. Á dereita, a leñeira coa porta aberta, feita de obra e recuberta con azulexo branco; a carón da leñeira, a cociña de ferro. O home vai vestido con boina, camisa, chaleco, pantalón longo e botas.
Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña )
No anverso fotografía do lavadoiro no Tripes na vila de Tui. Constución sobre piares de pedra e cuberta de tella a catro augas. Ao fondo un dos laterais da catedral-fortaleza
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Placa funeraria de Queiruga `C(aius) Attius Attianus / Rufinus Seiliensis / ann(orum) XXII h(ic) s(itus) e(st) Attius / Rufus et Sa/binula mater fece(runt)`
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Reprodución fotográfica dun cromo de `Estampas de Galicia` coa vista dunha lareira co lume aceso. A carón da lareira, sentada nun banco de costas ao espectador, hai unha muller cun vestido escuro con lunares brancos e pano da cabeza de cor negra. Pendurados do teito, varios alimentos postos a secar e afumar. Na repisa da cambota, varias botellas e utensilios domésticos.
Gutierrez, Gonzalo, 1883-1972, Fotógrafo . (Tui )
Retrato do arcebispo vestido con hábito coral composto de sotana, roquete e muceta; leva o solideo posto na cabeza e o barrete na man. Está sentado nunha cadeira de brazos e detrás leva un pano de fondo que debuxa unhas dependencias adornadas con mobiliario barroco.
Retrato de catro mulleres na beira dun río, lavando roupa. Dúas delas con touca, diante da pedra de lavar.
Ver nivel superior
O remitente escribe destinatario ofertando os seus servizos