Foro feito polo Real Hospital de Santiago a Domingo González de Riazós, rexidor e veciño da mesma cidade, pola metade da casa na Algalia de Abaixo en pensión anual de 8 reais de vellón. Inclúe un documento de pago posterior polo pago de impostos da casa por parte de Fernando Torrado co data 26-10-1858.
Documentos dunha casa con foro na Algalia de Abaixo de Santiago alugada a Fernando Torrado. A primeira parte é unha descrición da propiedade e da comunidade relixiosa. A segunda parte é un poder do Cabido a José Berdugo para que convenga con Domingo González de Riazós, rexidor de Santiago, o que sexa preciso referente a casa.
Na derradeira páxina hai anotacións do ano 1710.