Escena nunha rúa. No centro da composición, de pé e axudándose entre si, as figuras de María Madalena, a Virxe María e San Xoán Bautista, de regreso do Monte Golgota. Na esquerda, baixo un arco, outras figuras, e na dereita, un home abre unha porta.
Escena de Xesús no xardín das oliveiras. No centro da composición, a figura de Cristo de xeonllos, con cáliz na man e apoiado sobre unha rocha.
Escena de Xesús na subida ao Calvario, portando a cruz. No centro, Cristo de seonllos coa cruz ás costas, axudado por Simón de Cirene e ante a mirada da Virxe das santas marías (Madalena, Salomé e María de Cleofás) e San Xóan.
Escena da Sagrada Famila. No centro da composición, e en disposición piramidal, a Virxe María co neno Xesús, a súa curmá Isabel e San Xoán Bautista. Na parte superior, o figura do Pai e a pomba do Espirito Santo.
En formato oval, escena coas vrstudes fe e esperanza. Bustos femininos, a muller con manto escuro sobre a cabeza, abraza á moza, con vestimenta clara.
Representación da aparición de Xesús amosando o seu corazón inflamado á Santa Margarida de Alacoque. No centro da composición, a santa de seonllos.
Representación das Santas Mulleres e varios apótolos nun escuro interior. No centro e de seonllos a Virxe María; na esquerda, agachados da ventá, un home e unha muller. Na dereita, tres mulleres sentadas.
Representación do bico de Xudas. As figuras de busto, Xudas de perfil con manto sobre a cabeza, e Xesus de fronte mirando ao espectador con manto sobre o ombreiro.
Imaxe de Virxe co Neno sobre un fondo de brocado. A Virxe leva vestimenta clara en contraste co manto escuro sobre o ombreiro; unha coroa que semella de papel. O Neno espido, co mesmo tipo de coroa, sobre o seonllo da nai e cun dedo na boca.
Representación de San Vicente de Paul coas mans abertas en actitude de acoller aos pobres, que están de seonllos nun chanzo da escaleira. Na parte superior, entre nubes, a Virxe entronizada co Neno sobre as pernas.
Imaxe de Virxe María sedente nun trono de mármore, sobre os seonllos o Neno Xesús espido que bica a San Xoán Neno, que está de pé e vestido coa pel de león.
Representación da fuxida a Exipto. No centro da imaxe, a figura de María co Neno nos brazos, ao fondo a figura de San Xosé e a mula.
Escena do Soño de San Xosé. No centro da imaxe, a figura do santo durmindo, ao que se lle aparece un anxo. Na parte superior, entre nubes, a Virxe co Neno e varios anxos portando, un cáliz, unha coroa e a cruz do calvario.
Imaxe de anciá sedente facendo labor, cun gorro branco na cabeza. Á súa esquerda, unha nena coloca unha pluma no gorro da muller.
Imaxe dun capitel pétreo decorado con follas de acanto.
Imaxe dun capitel pétreo decorado con dúas figuras.
Imaxe dun capitel pétreo con cimacio liso e decorado con dúas flores, de catro e oito pétalos.
Imaxe dun capitel pétreo con cimacio liso e decorado con motivos vexetais.
Imaxe dun medallón decorado cun busto feminino, con tocado de inspiración renacentista.
Escena nun interior de edificicaión clásica. No centro da composición a figura de María desmaiada, axudada por María Madalena e San Xoán.