Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista detalle dun tapiz; no centro da composición, e sedente unha figura masculina con diadema. Á esquerda, figura de home con saia curta (Aquiles) e mirando cara outra figura con helmo que o sinala. Á dereita tres figuras masculinas observan a escena. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; na parte superior e diante dunha arquitectura, hai unha parella e un rapaz sentados sobre bocois para xantar; na parte inferior e diante dunha casa, catro homes sentados a redor dunha mesa comendo, á dereita, outra parella aparece sinlando aos catro homes da mesa
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro unha figura sedente e outra recostada mirando a un fauno tocando a frauta; á dereita e de costas, figura de neno (Aquiles) tocando un laúde. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; na parte central, hai un grupo de homes e mulleres bailando; na dereita, unha cantina chea de xente e unha mesa con varios comensais. Á esquerda, un pouco máis retrasado, hai unha muller que bota do recinto a uns mozos cunha vasoira. No fondo, unha paisaxe
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; á dereita, e diante dunha casa pronunciado tellado, escena coa matanza dun porco; á esquerda, cunha ponte ao fondo, o que semella un río, onde están a patinar. No fondo, unha paisaxe con máis casas
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Aguia bicéfala de prata sobre fondo de tecido escuro. Peza moi ornada que descansa sobre tres patas. No centro un texto relixioso en latín rodeado de acios de uvas e espigas de trigo, co dúas cabezas de anxos no centro e entre as da aguia. No medio destas, un escudo central con dous leóns rampantes, un a cada lado, catro torres en cada esquina, no centro dous lobos sobre unha base, un enriba doutro, e superado por coroa
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Imaxe de altar escalonado con flores e candeeiros e cunha gran cortina para cobixar á Virxe co Neno, situado diante dunha casa nunha praza.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista do parque da Alameda desde Porta Faxeira, coa porta dos leóns situada na entrada do paseo central da Alameda. Á dereita, a costa que sube ata a igrexa de Santa Susana, da que se ve o tellado da cabeceira.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Imaxe que amosa un relevo en metal coa representación da batalla de Clavijo, coa intervención do apóstolo Santiago.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro varias figuras de mulleres, unha delas agachada, rebusca nunha caixa; no centro outra figura con roupas femininas e cun casco na cabeza (Aquiles); á esquerda dous homes (Ulises e Diómedes) falan entre sí ao tempo que sinalan á muller co casco. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dunha árbore xenealóxica pintada sobre pergameo, a árbore nace dun cabaleiro coa armadura
en posición acostada
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dunha arca de madeira tallada decorada con motivos xeométricos, e cunha venera na parte superior do peche
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dunha arca de madeira tallada decorada con motivos florais e dous paxaros no centro e o nome `Rivera` gravado.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dunha arca de madeira tallada nun marco de detalles xeométricos, decorado con motivos florais e dous nenos nos extremos
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dunha arca de madeira tallada con escudo nobiliario portado por dúas figuras, unha cun sombreiro, e dividido en catro: na superior esquerda, cinco veneras, na superior dereita lúa menguante e cinco estrelas, na inferior esquerda xaquelada e na inferior dereita, unha torre.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dunha arca recuberta de metal labrada con motivos vexetais e xeométricos
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Arqueta eucarística da Colexiata de Santa María do Campo sobre fondo de tecido escuro. A arqueta é unha caixa octogonal profusamente ornada con motivos vexetais e anxos. Apóiase sobre catro aguias coas ás despregadas. Coroa o conxunto un Agnus Dei sobre un leito de espigas e acios de uvas
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro catro figuras espidas, dúas mulleres, un home e un neno, todas elas espidas, sostendo un escudo; un pouco máis atras outra figura masculina mostra unha coraza, as armas de Aquiles. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Bandexa sobre fondo de tea escura. Vai gravada con escenas bíblicas, dende Adán e Eva no Antigo Testamento, en tres niveis profusamente decorados: no exterior unha escena de guerra na que se aprecian con detalle as tendas de campaña, Judith coa cabeza de Holofernes, exércitos armados, os cañóns e cidades en segundo plano que poden representar o capítulo da batalla pola cidade de Betulia. No círculo seguinte vense numerosas figuras humanas e algún animal, en varias escenas bíblicas separadas por columnas, e no terceiro e máis pequeno, unha cidade cun exército. No centro da bandexa, un escudo con cinco lobos pasantes da familia Lobatón (casa solariega de Medina de Rioseco)
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz; no centro e agachada unha muller (Tetis) sostendo polo pé a un neno (Aquiles) sumerxido nas augas (Estigia); á esquerda, outra figura feminina co torso nu e cun facho na súa man dereita sobre a cabeza da muller. Ao fondo vista dunha cidade amurallada. Nos flancos do tapiz, unha cariátide e un atlante