Candelaria Bargiela felicita a súa prima polo seu santo, a Herminia García para comentarlle a melloría de Juan Vidal e a Ricardo Blanco-Cicerón para avisarlle do envío dun viño e dunha máquina de precintar cartas.
Candelaria Bargiela pide ao seu tío que faga certas xestións para poder imprimir uns recordatorios de defunción do seu home Juan Vidal.
Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón e a Herminia García para conseguir unha casa en Santiago donde un médico poida asistir a Juan Vidal.
Candelaria Bargiela pregunta a Ricardo Blanco-Cicerón se lle chegaron uns agasallos enviados (viño e unha máquina de precintar cartas), e informa que Juan Vidal segue mellorando.
Candelaria Bargiela conta a Ricardo Blanco-Cicerón os problemas de saúde de Juan Vidal, as solucións médicas ata a data e agradece que lle enviara ao doctor Vaamonde.
Carta de Candelaria Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a evolución da enfermidade do seu home, Juan Vidal.
Candelaria Bargiela pide a Ricardo Blanco-Cicerón que presione aos médicos e lle dean algo eficaz a Juan Vidal.
Candelaria Bargiela acusa recibo da carta do seu tío e informa que Juan Vidal segue a mellorar.
Candelaria Bargiela informa ao seu tío sobre o estado delicado de saúde de Juan Vidal. Menciona a María, filla de Ricardo Blanco-Cicerón, e ao seu fillo recén nacido, e a visita de Marcial.
Carta de Candelaria Bargiela e Juan Vidal á súa tía Ana Nuñez polo seu santo, á vez que mencionan a chegada do seu irmán Tomás coa súa familia e as expectativas tralo ascenso no Corpo de Carabineros de Juan Vidal.
Juan Vidal Bilbao dalle o pésame a Ricardo Blanco-Cicerón polo pasamento da súa nai, Ana Núñez.
Carta de Juan Vidal Bilbao a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a nova vida de Candelaria e el en Vinarós e lle avisa de que envía viño da zona.
Juan Vidal Bilbao comunica a Ricardo Blanco-Cicerón a concesión do seu novo posto de Comandante e lle avisa que máis adiante pode precisar as súas influencias para colocarse nunha comandancia en Galicia ou Asturias.
Carta do Gobernador Civil de Guipúzcoa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre Juan Vidal Bilbao para conseguirlle un traslado acorde cos seus intereses.
Carta do Secretario da Dirección Gral. de Carabineros a Higinio de Rivera sobre posibles xestións para que Juan Vidal Bilbao poida conseguir un traslado máis acorde cos seus intereses.
Certificación da Medalla de Alfonso XII e dereito de uso do pasador a Juan Vidal Bilbao, Capitán co grao de Tenente.
Certificado do casamento canónico de Candelaria Bargiela Nuñez e Juan Vidal Bilbao en Tui.
Copia certificada do Rexistro Civil do casamento de Candelaria Bargiela Nuñez e Juan Vidal Bilbao celebrada en Tui.
Copia certificada do Rexistro Civil do casamento de Candelaria Bargiela Nuñez e Juan Vidal Bilbao en Tui.
Circular da Dirección General de Carabineros sobre a Asociación Humanitaria de axuda a viúvas e orfos dos socios, unha mutua creada en 1865.