Ver nivel superior
Exemplar no que se reseña a 4ª Semana Social celebrada en Santiago en 1909, e especialmente a figura de Amando Castroviejo.
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Orla da facultade de dereito cos retratos do profesorado e alumnado do curso 34-35. Na liña superior, entre o profesorado e en quinto lugar desde á esquerda está Amando Castroviejo; na segunda liña, entre o alumnado, en terceiro lugar desde a esquerda, está seu fillo, Jose Mª Castroviejo. A maioría dos retratados son homes, agás unha muller entre o alumnado, no centro da cuarta liña. Ao redor dos retratos, hai unha especie de collage de vistas da cidade de Santiago, da serie de Estampas publicadas polo propio Ksado.
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Tarxeta de disposición horizontal que leva no lado esquerdo o busto de Amando Castroviejo Nobajas, en 3/4 á esquerda, deixando o resto en branco. Ten calva pronunciada e bigote e viste chaqueta, chaleco, camisa e gravata de lazo negra.
Guerra, Enrique, ?-1948, Fotógrafo (Sánchez-Guerra Mosquera, Enrique) . (Santiago de Compostela )
Retrato de algo máis de medio corpo dun home con bigote e pelo moi curto, con entradas pronunciadas. Viste traxe de chaqueta con gravata e camisa de colo duro. Leva a súa man dereita metida no peto do pantalón.
Retrato de Amando Castroviejo de idade avanzada, de corpo enteiro sentado nunha cadeira de brazos de asento e respaldo tapizados. Viste traxe de chaqueta con gravata de lazo; leva a súa man dereita metida pola abertura da chaqueta
Retrato de Amando Castroviejo de idade avanzada, de algo máis de medio corpo, de pé. Viste traxe de chaqueta con gravata de lazo.