Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; na parte superior e diante dunha arquitectura, hai unha parella e un rapaz sentados sobre bocois para xantar; na parte inferior e diante dunha casa, catro homes sentados a redor dunha mesa comendo, á dereita, outra parella aparece sinlando aos catro homes da mesa
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; na parte central, hai un grupo de homes e mulleres bailando; na dereita, unha cantina chea de xente e unha mesa con varios comensais. Á esquerda, un pouco máis retrasado, hai unha muller que bota do recinto a uns mozos cunha vasoira. No fondo, unha paisaxe
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; á dereita, e diante dunha casa pronunciado tellado, escena coa matanza dun porco; á esquerda, cunha ponte ao fondo, o que semella un río, onde están a patinar. No fondo, unha paisaxe con máis casas
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; á dereita, na porta dunha casa, unha muller con dous mozos, a un, límpalle a cara e o outro desperezase, no centro, un home cun rabaño de ovellas, e á esquerda, un home partíndo leña. No fondo paisaxe con amencer
Vista xeral dunha paisaxe montañosa con ceo despexado. No centro da imaxe, unha parella de cans.
Paisaxe dunha agra aberta con valados que dividen as leiras e agros de diferentes propiedades. No primeiro plano hai un grupo de persoas, varios rapaces, dúas mulleres e unha nena.
Vista xeral dunha paisaxe cun valado pétreo en primeiro plano, e montañas ao fondo.
Vista xeral dunha paisaxe cun val en primeiro plano, e montañas ao fondo.
Maciñeira y Pardo de Lama, Federico, 1870-1943
Vista parcial da ría de Ortigueira con prados acotados por valados e un monte ao fondo
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; á esquerda dous homes traballando nunha pía; á dereita un grupo de mulleres e homes destripando ao porco. No centro, nun plano medio uns homes con piara de porcos e ao fondo paisaxe.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz a obra de David Téniers composto por catro seccións diferenciadas. Na parte superior, tapiz horizontal con catro mozos xogando aos bolos. No centro, dous tapices verticais, á esquerda, unha mendiga pedíndo na porta dunha casa; á dereita, un home tocando a zanfona. Na parte inferior, tapiz horizontal con seis mozos xogando a saltar
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz composto por sete seccións de tecido diferentes. De esquerda á dereita: unha árnore, figura dunha lavandeira, un vello con caxato, un home con zanfona, dous pastores sentados e o lateral dunha cabana de madeira.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; á esquerda, una árbore e a cabeza dunha mula; no centro, un home a pé con escopeta ao ombro, e unha muller a cabalo; á dereita, outro home con cabalo. Ao fondo unha paisaxe
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers: imaxe dunha casa con altos tellados diante dun camino. Á esquerda un home de costas mirando cara a dereita; no centro da composición, tres homes falando entre sí, e nun plano posterior, unha muller de costas entrando na casa.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; no centro da composición, dous homes con cabalerías, o da dereita a cabalo, o outro cargando as presas da caza, á esquerda, os cans descansando. Ao fondo unha paisaxe
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; na esquerda dúas casas con tellado de palla e varios homes sentados ao redor dun barril; no centro, unha muller sacando auga dun pozo; á dereita unha muller axundando a levantar a un home
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun tapiz dunha obra de David Téniers; á dereita, unha casa pronunciado tellado, cunha parella na porta. Na esquerda tres homes preparando os bolos e no centro, outra figura masculina de pé, disposta a lanzar a pelota. Ao fondo unha paisaxe