Actas da 16ª velada literaria celebrada no Casino de Santiago, durante a cal houbo diversas lecturas e actuacións musicais, así como debates en torno a temas variados, incluído a asistencia de mulleres a estas veladas, invocando os nomes de Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán para sinalar a súa capacidade intelectual para convocar a súa participación.
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 4 de novembro de 1882, na que tivo lugar a renovación da Mesa. Retómase a actividade tras máis dun ano de interrupción recordando que o fin destes encontros é a popularización dos coñecementos humanos, apelando para iso á participación de mulleres e homes, e recordando as normas e a importancia do decoro. A velada continuou con diversas lecturas e actuacións musicais
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 18 de novembro de 1882, que contou con diversas lecturas, entre elas dúas de Alfredo Brañas, e actuacións musicais na primeira parte da velada, e logo un debate sobre un tema proposto `La mujer`, a súa formación e a súa función e presenza nas artes e na historia.
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 4 de febreiro de 1883, que contou con diversas lecturas, entre elas dúas de Alfredo Brañas, e logo un debate sobre o tema `La mujer`, no que Barcia Caballero sostiña que a muller non precisa formación para as súas funcións na vida como nai e esposa, máis defende a necesidade de mellorar as condicións na industria para facilitar a entrada das mulleres neste ámbito. A réplica foi de Julián Obaya, máis non se detalla polo miúdo
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 26 de marzo de 1883. Durante a Velada houbo diversas lecturas e na segunda parte voltou o debate sobre a muller e a súa figura entre Barcia Caballero, en contra da instrución femenina, e Obaya, a favor da mesma.
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 7 de abril de 1883. Durante a Velada houbo diversas lecturas e na segunda parte voltou o debate sobre a muller.
Obaya y Lloreda, Julián
Notas de Julián Obaya para unha velada literaria celebrada no Casino de Santiago sobre o tema `A muller` e a defensa do recoñecemento da figura femenina e a necesidade da educación das mulleres polo ben da propia sociedade.
Acta da 5ª velada literaria celebrada no Casino de Santiago, presidida por unha comisión da que era presidente Julián Obaya, vicepresidente Luis Rodríguez Seoane y secretarios Pedro Pais Lapido, Alfredo Vilas, Cecilio Neira e un máis. Durante a Velada houbo diversas lecturas e actuacións musicais, e tomouse nota de varias iniciativas culturais.
Acta da 8ª velada literaria celebrada no Casino de Santiago, durante a que houbo diversas lecturas e actuacións musicais, así como debates literarios en torno a temas variados.
Copia literal das anotacións dunha velada literaria celebrada no Casino de Santiago o 2 de maio de 1881 feitas por Pedro Pais Lapido. Durante a velada se trataron os temas do ensino obrigatorio, a condenación e a instrución da muller, máis este terceiro asunto non o desenvolve.
Apuntamentos para unha Acta dunha velada literaria celebrada no Casino de Santiago o 16 de maio de 1881. Trátase da réplica do Sr. Toledo (director do xornal El Porvenir) aos comentarios habidos nunha velada anterior sobre as súas opinións acerca do ensino obrigatorio, a condenación da guerra e a instrución da muller.
Apuntamentos para unha Acta dunha velada literaria celebrada no Casino de Santiago o 2 de maio de 1881. Durante a velada tratáronse os temas do ensino obrigatorio, a condenación da guerra e a instrución da muller, se ben o terceiro asunto non o recolle a acta definitiva e nestas notas non se profundiza máis que para mencionar a natureza sensible das mulleres. Trátase de respostas e réplicas entre o Sr. Toledo (director do xornal El Porvenir) e o Sr. Obaya sobre os puntos mencionados.
Acta da Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 21 de abril de 1883. Durante a Velada houbo diversas lecturas e na segunda parte voltou o debate sobre a muller.
Apuntamentos para a Acta dunha Velada Literaria celebrada no Casino de Santiago o 4 de novembro de 1882, dado o contido das notas e a Acta.
Borradores dos discursos e notas de distintas veladas literarias celebradas no casino de Santiago tomadas por Julián Obaya. Entre elas as que tiñan como tema: A literatura na historia, A literatura na actualidade ou A muller.