Certificado do acordado polo Concello no referente á conduta inapropiada do xuíz de Primeira Instancia, Manuel Mella Montenegro nun caso de abusos electorais.
Sobresemento da querella presentada por Don Manuel García Maceira e outros contra a corporación municipal presidida por Ricardo Blanco-Cicerón no ano 1878 por presuntas irregularidades nas eleccións de 1878.
Comunicación do Xulgado de Primeira Instancia de Tui ao Alcalde da mesma cidade por unha denuncia interposta por Manuel Maceira por suposto abuso electoral, determinando a exposición pública do Padrón Municipal no Concello por se houbese que facer algunha rectificación sobre o mesmo de cara a vindeiras eleccións.