Retrato feminino de busto. A figura de fronte coa cabeza de medio perfil, viste chaqueta de pequenos cadros con decoración de volantes no peito. Leva os cabelos recollidos nun moño.
Guiard Burgalat, Joseph, 1842-1878, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Retrato de corpo enteiro, dunha parella de mulleres diante dunha falsa arquitectura. Unha está sentada e a outra de pé, apoiada no respaldo da cadeira. Levan ornamentada vestimenta á moda europea con polisón; os cabelos recollidos nun complexo moño. As dúas están de perfil e mirándose entre sí.
Almanaque de peto para o ano 1902 da papelería `El Sol` de Santiago. En cada mes do ano o santoral, as fases da lúa e espazo para anotacións.
Invitación nominal para as vodas de ouro de Ricardo e Herminia, con data de 1926. Na traseira anotación manuscrita con data de 1928.
Felicitación de `bonne année` con texto impreso no anverso e anotación a lapis no reverso, con dedicatoria a Herminia.
Inclúe libros de sinaturas do funeral e de misa de Herminia García de la Riva, amais doutro documento referido á morte do primeiro fillo, falecido con tan só mes de vida.
Invitación á celebración dunha festa infantil organizada pola Gaceta de Galicia no Teatro Principal de Santiago.
Invitación á medalla bendita polo superior dos xesuítas, con indulxencia plenaria.
Invitación nominal a Herminia, como agregada honoraria, para asistir misa nocturna en honra de Santiago.
Invitación nominal a Herminia, como viúda de Blanco-Cicerón, para que colabore económicamente coas Escolas Nocturnas de Obreiras do Sindicato Católico de Santiago.
Invitación a Herminia, para asistir a unha velada poético-musical no Colexio da Compañía de María. Inclúe o programa da velada.
Agradecemento da remitente relixiosa da Compañía de María, a Herminia García de la Riva, por todo o realizado para o eterno descanso do seu pai.
Retrato feminino de corpo enteiro e de pé. Viste traxe branco con veo sobre a cabeza e luvas. Leva rosario e libro de misa na súa man esquerda. A man dereita, apoiada nunha mesa alta cunha imaxe de vestir de santa Clara.
Alviach y Compañia, Fotógrafos (Madrid) Alviach Doladier, Manuel
Retrato feminino frontal, de corpo enteiro e de pé. Leva indumentaria tradicional de Ortigosa de Cameros, traxe con saia longa escura e un pano escuro e bordado sobre os ombreiros e pechado no peito, cos cabelos recollidos ao medio. Ten as mans apoiadas sobre unha mesa.
Alviach y Compañia, Fotógrafos. (Madrid) Alviach Doladier, Manuel
Retrato feminino frontal, de corpo enteiro e de pé. Leva indumentaria tradicional de Ortigosa de Cameros, traxe con saia longa escura e un pano escuro e bordado sobre os ombreiros e pechado no peito. Ten os cabelos recollidos no alto da cabeza. Leva nas mans un abanico e o brazo dereito apoiado sobre unha mesa.
Compañía Fotográfica Napoleón, Fotógrafos (Madrid) Napoleón, Anaïs
Retrato feminimo de corpo enteiro, de pé e semifrontal. A muller, viste á moda internacional, destaca a zona do peito e dos puños, con encaixe branco. Ten unha das mans cara as costas a a outra apoiada no respaldo dunha cadeira.
Retrato grupal no exterior dunha casa. Á esquerda, seis mulleres sentadas ao redor dunha mesa de vidro, sendo a última da dereita, Herminia García de la Riva, detrás, destaca un home sentado nunha fornela. No centro, tres mulleres sentadas ante outra mesa, de pé, dous homes, e unha muller. Á dereita, diante dunha porta, e de pé, oito homes, seis mulleres sentadas, un rapaz e dous homes máis.
Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
En formato vertical, retrato infantil, de corpo enteiro, sedente e frontal. A nena leva vestido claro con volantes nos ombreiros, bastas e puntilla no baixo, amais de zapatos e calcetíns negros. Está sentada sobre unha cadeira escura con decoración de flocos. Fondo de arquitectura pintada.
En formato horizontal, retrato de grupo infantil, de corpo enteiro, sedente e frontal. Na esquerda, nun pequeno carro, dúas nenas con vestidos brancos e flocos moi curtos sobre a fronte. No centro, unha moza con vestido escuro e colo branco e un neno con traxe de mariñerio. Na dereita, unha moza con mandil branco e bebé con vestido branco longo e cabeza rapada entre as pernas.
O remitente saúda a súa nai e solicita o enderezo de Carmen para poder escribirlle