No anverso retrato feminino de corpo enteiro, frontal e de pé, ante unha sepultura coa inscrición `Familia Castroviejo`. A muller leva abrigo longo escuro con catro grandes botóns, con capucha e luvas de pel negras. Na man esquerda leva un libriño que apoia sobre a a cruz da tumba.
A imaxe do anverso representa a Curros Enríquez depositando un ramo de flores na tumba de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres da Igrexa de Bonaval. No reverso leva impresa unha poesía de Curros Enriquez dedicada a Rosalía.
Interior dun establecemento comercial, un pequeno salón con varias mesas e cadeiras, e un panel central que separa o salón da zona de despacho
Interior dun establecemento comercial, un panel de madeira no centro da imaxe separando a estancia en dúas seccións, varias cadeiras, amais dun xarrón con ramas de palmas.
Interior dun establecemento comercial, con mostradores de vidro, armarios ata o teito e recipentes de vidro para caramelos
Fotografía de pose enxebre dunha moza sentada nunhas escaleiras de pedra cunha man apoiada nunha sella de zinc. Leva a cabeza descuberta co pelo longo recollido en dúas trenzas; viste un dengue con rodo de veludo e agremán bordado sobre unha camisa branca; leva un refaixo cun rodo estreito, posiblemente de damasco, medias e zapatos. Sobre o peito varios colares de diferentes materiais.
Vista xeral da intersección de dúas rúas. Á esquerda edificio con galería, e á dereita edificación cupulada. No centro da imaxe varios rapaces con boinas. Ao fondo, a ría de Vigo.
Vista xeral das ruinas dun mosteiro, arcadas do claustro, con arcos de medio punto sobre estilizadas columnas
Vista xeral dun transatlántico da ría de Vigo.
Vista xeral da ría de Vigo.
Vista xeral da alameda de Vigo, no centro da imaxe destaca unha ringleira de farolas
Vista xeral da rúa do Cardeal de Monforte, ao fondo o mosterio de San Vicente do Pino e o castelo. En primeiro plano, unha casa con galería e unha muller cunha nena montada sobre un burro.
Vista xeral da ponte sobre o río Cabe, o mosteiro de San Vicente do Pino e a torre da homenaxe do castelo de Monforte.
Vista xeral dun palco con público asistente a un espectáculo. No palco, baixo un toldo, están sentadas as mulleres con grandes sombreiros; na parte baixa, os homes sentados ante varias mesas redondas, a maioría dos homes levan sombreiro canotier. En primer plano, un home con visera negra que semella ser un uxier.
Vista detalle dunha bóveda con nervaduras e claves circulares con decoración de motivos xeométricos e vexetais, sobre columnas entorchadas.
Vista detalle da xamba pétrea dunha porta con motivos vexetais de follas entre as que destacan unha cabeza e a figura dun home espido, de costas e agachado.
Vista detalle dun palco onde se sitúa o público asistente a un espectáculo. No palco destacan as mulleres con sombreiros. Ao pé do palco e sentados, varios homes con canotiers e un neno vestido de mariñeiro.
Vista xeral do monumento dedicado a Aureliano Linares Rivas na Coruña. Figura en bronce do benefactor da cidade, con peza monolítica con inscrición, sobre que se levanta unha alegoría tamén de bronce.
A imaxe do anverso representa a Filomena Dato diante da tumba de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres da Igrexa de Bonaval; na parte inferior, un texto impreso. O reverso leva impresa unha poesía de Filomena Dato dedicada a Rosalía, con data.
No anverso unha pintura de Alfredo Souto Cuero, que representan un posto de venta de pezas de olería.