Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Retrato feminino de busto e de perfil. A muller leva vestimenta escura, mantela de encaixe negra sobre a cabeza e `peineta` española, amais duns longos pendentes. Ten os beizos pintados de vermello e rubor nas meixelas.
Fotos Arturo, Fotógrafo (Santiago de Compostela)
En formato vertical, retrato feminino de busto e frontal. A muller leva corpo negro e colar de perlas. Ten os cabelos curtos e ondulados.
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
En formato vertical, retrato grupal, frontal e de medio corpo. En primer plano e sedentes dous nenos con roupa clara e sorrindo. No centro da composición, e de pé, nena con vestido curto branco coa súa man dereita apoiada no ombro da nai. A muller viste chaqueta gris e camisa negra, ten os cabelos ondulados e está de perfil mirando á nena.
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
En formato vertical, retrato masculino de medio corpo e sedente. O neno viste traxe de branco de mariñeiro, leva luvas tamén brancas e o libro entre as mans.