Auto de apelación do Ministerio fiscal no que, a tenor das probas, revocan os autos anteriores e se admite a demanda de acusación por falsificación dunha copia de poder contra a condesa de Ximonde e contra o seu apoderado, Juan do Porto.
Auto do fiscal para abrir o caso contra a condesa de Ximonde e contra Juan do Porto por falsificación dun poder, a petición de Miguel Roffignac.
Auto do Ministerio fiscal sobre o non proceder as denuncias promovidas por Miguel Roffignac contra a condesa de Ximonde, por falso testemuño e negación de recibir cartos por parte do querelante.
Certificado de José María Dorado, escribán da Audiencia de Galicia, sobre o fallo no caso de Manuel Puga contra Manuel María Puga sobre a nulidade da división de bens da condesa de Ximonde, no que se expón que non `ha lugar` ao artigo de nulidade proposto por Manuel Puga.
Codicilo de Jacoba Cisneros de Puga, Condesa de Ximonde, coas disposicións a cumplir mentres que non se abra e se proceda á lectura do seu testamento (1853-12-20), no que refrenda a Juan do Porto como o seu albacea testamentario.
Documentos relacionados coa causa da herdanza dos Condes de Ximonde: unha reclamación de débeda de Juan do Porto, un recibí de diñeiro da Condesa de Ximonde, un estado de contas e libro de caixa da Condesa. Inclúe unhas `notas`.
Documentación sobre a herdanza do Conde de Ximonde, deixando todos os seus bens a súa muller, Jacoba Cisneros de Puga, Condesa de Ximonde e a Juan do Porto como albacea testamentario.
O avogado Juan do Porto solicita a remuneración dos servizos prestados aos Condes de Ximonde, despois de que fose lido o testamento do Conde, sendo a propio do Porto, o albacea do Conde e apoderado da Condesa.
O avogado de Manuel Puga Sarmiento, solicita a revocación da sentenza no preito con Manuel María Puga Solla que dictou o Juzgado de 1ª Instancia de Santiago o 29 de agosto de 1869.
Sentenza fallada a favor do demandante, Manuel María Puga, herdeiro universal, contra Manuel Puga Sarmiento pola entrega dos documentos referentes á herdanza da condesa de Ximonde. Declarando a non procedencia da demanda de Ramón Tojo Roel contra Lorenzo Fernández por inxurias e calumnias.