Bando do Alcalde accidental de Santiago, Víctor García Ferreiro, sobre o abastecemento de augas na cidade, aprobado polo alcalde Máximo de la Riva, falecido uns días antes sen tempo de asinar o documento preciso.
Carta do Concello de Santiago á Confraría de San Roque da mesma cidade comunicándolle a participación dunha comisión do concello nunha rogativa pública organizada pola confraría. Leva o número de rexistro 1323 do concello.
Carta do Concello de Santiago á Confraría de San Roque da mesma cidade comunicándolle que o concello correrá con todos os gastos da Confraría ese ano, coa aportación de 250 pesetas.
Carta do Concello de Santiago á Confraría de San Roque da mesma cidade comunicándolle que o Concello dará 250 pesetas á Confraría para a mellora do culto.
Carta do Concello de Santiago á Confraría de San Roque da mesma cidade comunicándolle a asignación de dúas partidas ao ano de 250 pesetas para a celebración da novena e a función do Santo.
Carta do Concello de Santiago á Confraría de San Roque da mesma cidade comunicándolle a participación gratuita da banda municipal no día do santo. Asinada por Salvador Cabeza de León.
Diploma de recoñecemento e agradecemento da Comisión Organizadora do certámen ao Concello de Santiago pola súa colaboración.
O Alcalde de Santiago, Máximo de la Riva, convoca a Ricardo Blanco Cicerón, para constituir a Xunta Municipal
Máximo de la Riva, presidente electo da asociación de caridade, baixo patrocinio do concello, convoca a Ricardo Blanco Cicerón, a participar como membro da mesma, adxuntado modelo de inscrición
Ramón Sanjurjo Pardiñas, alcalde de Santiago convoca a Ricardo Blanco Cicerón, a unha reunión para acordar visitas de inspección a edificios de uso público para que cumpran coas medidas sanitarias
Conxunto de documentos relacionados co Convento de San Martiño de Santiago e a chegada do exército francés á cidade. Hai certificacións, recibos varios do diñeiro e víveres que o Mosteiro tivo que dar para o mantemento das tropas francesas. Tamén inclúe un escrito do abade do Mosteiro ao alcalde de Santiago reclamándolle o pago dos mesmos, e os documentos que lle prosigueron no trámite.
Tríptico do programa das festas do Apóstolo do ano 1924 organizadas polo Concello de Santiago e a Liga de Amigos de Santiago. Debuxo de Camilo Díaz.
Díptico do programa das festas do Apóstolo do ano 1919 organizadas polo Concello de Santiago e a Liga de Amigos de Santiago.
Petición dos veciños de Agros da Carreira ao concello de Santiago para que o dono das casas non faga obras que entorpezan o curso da auga, dados os problemas de seguridade e hixiene que están tendo a causa da actitude dese veciño
O alcalde de Santiago, Máximo de la Riva, comunica a celebración dunhas conferencias sobre traballo e política social na Universidade e no Círculo Mercantil, impartidas por representantes do Instituto Nacional de Previsión.
Invitación do Concello de Santiago a José Toubes e a súa dona para un baile de etiqueta co galo das festas de Santiago
Invitación do Concello de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á unha homenaxe na memoria de Antonia Saavedra Goitia, Superiora das Hijas de la Caridad da Casa de Beneficencia, no vestíbulo do Hospicio, e unha misa na Capela do Rosario. Esixen como protocolo `Traje de gabán`
Invitación do Concello de Santiago a Ricardo Blanco-Cicerón para acompañar ao Delegado Real na ofrenda do Apóstolo.
Ver nivel superior
Nota sobre a sesión do Concello de Santiago de 23 de abril de 1888 na que se aprobou a liquidación da cota por agra lineal nas casas dos números impares da rúa da Senra.
Vista xeral do Pazo de Raxoi desde o pazo arcebispal. En primeiro plano, unha mesa, un banco e varias persoas.