Relación de 14 obxectos artísticos pertencentes á colección da familia Blanco-Cicerón para formar parte da XV Exposición do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos de Santiago. Asinado por Felipe Cordero Carrete
Carta de agradecemento do xefe da Secretaría de Despacho da Casa do Re, polo envío dun exemplar do libro escrito por Darío Acuña Lagos, sobre a súa experiencia como piloto de caza na Guerra Civil Española.
Carta onde se informa sobre o interese do Instituto Diego Velázquez nunhas pezas (torques) da colección Blanco-Cicerón, para facer un estudo das mesmas
O remitente informa dos poucos obxectos atopados na súa parroquia dignos de figurar na Exposición Regional Gallega de 1909, e manifesta que continuará na procura de máis.
O remitente, xefe da Biblioteca Provincial y Universitaria de Barcelona, contesta sobre petición de fondos por parte da Exposición Regional Gallega de 1909, sinalando que entre os seus fondos non figuran referencias a Galicia.
O remitente informa sobre o envío de 40 pesetas do alugueiro de agosto do nº 3 da Senra, ocupado polos fillos de Manuel P. Santamarina.
O remitente, Felipe Gutiérrez de la Peña y Tostado, xerente da Cocina Económica, comunica a Ricardo Blanco-Cicerón, tesoreiro, sobre unhas facturas sen xustificar que non poden ser pagadas sen o consentimento do propio xerente
Ver nivel superior
Carta de Felipe Miguel a Amando Castroviejo sobre a xenealoxía familiar do seu tío Santiago Nobajas Calvo.
O remitente comenta a Blanco-Cicerón que non pode asistir á reunión do Concello para a designación dunhas subcomisións e prégalle que o sustitúa na mesma
Felipe Sassone agardece a Victoriano García Martí o envío das súas obras `La vida no es sueño` e `Tres narraciones gallegas`
O remitente, bispo de Zamora, informa que o retrato solicitado así como unha colección de caixas serán enviadas a Exposición Regional Gallega de 1909, pero indica tamén que deberán de ir acompañadas dun emisario propio.
O remitente, bispo de Zamora, comunica a súa intención de participar na Exposición Regional Gallega de 1909 co envío de obxectos, creando unha comisión de valoración
O remitente, bispo de Zamora, informa da debida recepción da peza prestada para a Exposición Regional Gallega de1909, así como o talón de envío, e felicita polo éxito acadado
Instancia, providencia, cédula de emprazamento e cédula de citación para o caso de `incidente de pobreza` de Felipe Pardiñas Castro contra Adelaida Herreros e a sociedade Hijos de Simón García, representada polo seu apoderado Ricardo Blanco-Cicerón. Son catro documentos, un deles copia.
Cédula de citación para inscribir a casa núm. 4 moderno e 5 antigo, da rúa de Campanas de San Juan de Santiago, a favor de Ignacio y Felipe Martínez y Martínez, párrocos de Loureda en Arteixo e Céa en Vilagarcía, e de José e Carmen Martínez. Dita casa está rexistrada a nome de Antonio Martínez García e está gravada cunha pensión foral de 137 pesetas para Adelaida Herreros.
Circular sobre a necesidade e importancia de celebrar o Congreso de Emigración na Sociedad Económica de Amigos del País, en Santiago os días 6,7 e 8 de setembro de 1909 baixo a presidencia de Rafael Mª de Labra. Asinado por Eduardo Vilariño, Felipe Romero Donallo, Luís Fernández Garrico e Domingo Carro Botas.
Documento de Amaro González, cura de Santa María de Leiro, onde relata e comenta distintos sucesos do período que exerceu como párroco (1566-1594). Entre os sucesos relatados están a visita de Felipe II a Santiago, a formación da Armada Invencible, pestes, sequías, etc.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Busto de Frei Martín Sarmiento, obra de Felipe de Castro, no Museo de Pontevedra
Petición de documentos que autorizan a Rosa Correay Cabral, veciña de Tui, para que poida aforar unhas propiedades que tiña co seu difunto esposo en Coia, o `Campo das Trabiesas`, a favor de Felipe Darrúa.
Cartel das xornada organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en 1979. Debuxo de Felipe-Senén