Klozerper, J., Fotógrafo
Retrato de exterior dunha parella sentada nunhas escaleiras de pedra. Ela leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza e leva un vestido de cor clara con adornos de listas negras e un ramo de flores na cintura. El é imberbe, de pelo curto, vestido con traxe de chaqueta e chaleco sobre camisa branca e pantalón longo. Na súa man esquerda leva un sombreiro tipo bombín e un fino caxato.
Klozerper, J., Fotógrafo
Retrato de exterior dun home novo sentado a carón dunhas escaleiras de pedra. Leva o pelo curto e é imberbe. Vai vestido cunha chaqueta e un chaleco escuros sobre unha camisa branca e con pantalóns longos de cor clara. Á esquerda, apoiados na pedra que serve de asento, un sombreiro tipo bombín e un fino caxato.