Alegacións de Victoriano García Martí ao seu expediente de depuración e que inclúen copia (repetida) dos escritos de dous xornalistas dirixidos a dando fe da súa conducta irreprochable previa ao alzamento. Os xornalistas son Juan G. Landero (ABC Blanco y Negro) e Antonio G. Cavada (ABC)
Marcial García Martí agradece a Juan Pujol que responda á súas peticións e advirte que é probable que non lle entregasenunha carta a Victoriano García Martí, xa que ten limitada a correspondencia a familia exclusivamente
Borrador dunha carta de Marcial García Martí a Juan Pujol contando que nada mudou na situación do expediente e pedindolle que os colegas xornalistas actúen en favor de Victoriano García Martí
Marcial García Martí remite a Juan Pujol a petición de Victoriano García Martí para que escriba unha carta coa súa opinión sobre el como escritor, e para asegurar que se recibe, que a remita a Marcial
Marcial García Martí remite a Juan Pujol o que lle indicou Victoriano García Martí que ten que facer para que a súa testemuña poda ser incluida no expediente do proceso
Marcial García Martí escribe a Juan Pujol, en San Sebastián, para pedirlle que envíe canto antes un informe que será de axuda para resolver o caso de Victoriano García Martí, ou aliviar a situación que está facendo mella na súa saúde mental e física
Copia de dúas cartas destinadas a dar testemuñas a favor de Victoriano García Martí. A primeira está asinada por Eugenio Montes e dirixida a Mercedes García de Bermejo, poñéndose a disposición do que precise o detido. A segunda está asinada por Juan Pujol e dirixida ao Delegado de Orden Público de Burgos, manifestando a súa positiva impresión sobre Victoriano
Evangelina San Juan escribe a súa amiga, Ángela Martí, desexandolle un bo ano novo 1918
Juan Pujol comunica a Marcial García Martí que está a súa disposición para declarar a favor de Victoriano García Martí en canto llo pidan