Alegato de Ramón Tojo no nome de Francisco Bentín e Domingo Pintos no caso da denuncia por falsedade dunha acta interposta por Ángel Aldrey e o seu procurador Domingo Sánchez. Fala dunhas denuncias calumniosas e duns delitos `fantásticos` e descalifica ás testemuñas chamándolle a unha, por exemplo `perdido que acabó en trapisondas, (...) almuerza con aguardiente`. Busca amosar que existen incoherencias, olvidos estraños e a existencia dunha trama e confabulación contra os seus defendidos, e pide a instrución dunha causa contra as testemuñas Ozal e Souto. Nomea tachas doutras testemuñas e solicita volver a interrogar por separado a outras, asemade pide se lle mande exhorto ao secretario e ao alcalde para que mostren o patrón vecindario desde 1860 para ver o reparto de contribucións.
Domingo Pintos di que se sorprende pola actuación de Nicolás García (tenente alcalde) e de Narciso Devesa no caso, e pide que os dous procesos se pasen ao Promotor Fiscal para que expoña un ditame.
Domingo Pintos advirte ao seu letrado de sete puntos que cre debe destacar no xuízo, como por exemplo: que aparece Tromoso como principal postor dos arrendos, que os Antoñana non devolveron as xoias e pide a Nicolás García que devolva o escrito para contestar ao auto de traslados.
Borrador da petición para que se deixe sen efecto o auto de proba, e que se recollan tódolos antecedentes baixo multa de 5 pesos trala declaración por parte deste dos feitos.
Preito dos herdeiros de Mateo Díaz de Antoñana contra Domingo Antonio Pintos.
Documento notarial polo cal Bernardo Mera recoñece que lle debe 64.000 reais a Simeón García, a forma de devolvelos e as consecuencias que traería non devolvelo nas fórmulas estipuladas.
Domingo Pintos presenta un recurso de nulidade contra a sentenza apelando ao Tribunal Superior tendo como argumento que os seus fillos non son responsables e non deben facerse cargo das débedas de Tromoso.