Almanaque de peto para o ano 1902 da papelería `El Sol` de Santiago. En cada mes do ano o santoral, as fases da lúa e espazo para anotacións.
Convenio ante o notario Ildefonso Fernández entre José Pimentel Aller e os seus acreedores para que o primeiro lles devolva os seus créditos, tanto aos presentes coma aos non presentes, dada a mala situación do seu negocio, para saldar todas as débedas enumeradas.
Acta do acordo tomado por Benigno de la Riva, Jacobo García e Manuel García Blanco, en representación de `Viuda e Hijos de Simeón García` e Ambrosio Herrreros en representación de Adelaida Herreros. É copia.
Relación das partidas de bens inmobles asignadas para Herminia García de la Riba, con cinco cupos con diferentes partidas. Inclúe un borrador de 4 follas numeradas do 1 ao 4
Bando do Alcalde accidental de Santiago, Víctor García Ferreiro, sobre o abastecemento de augas na cidade, aprobado polo alcalde Máximo de la Riva, falecido uns días antes sen tempo de asinar o documento preciso.
Apuntamentos de asuntos económicos do Concello de Tui, entre os anos 1877 e 1881. Hai unha carta do Goberno Provincial desestimando unha petición do Concelleiro Interventor, notas de cargos, contas sen detallar de 1877-1881 sobre unha fianza de quinquenio, e saldos de contas de valores do Concello coa firma `Rovira Valdés Hermanos`.
Ver nivel superior
Notas da busca de antecedentes xudiciais noutros casos semellantes (1874) para prever calquera resolución que poidera darse.
Invitación nominal a Herminia, como viúda de Blanco-Cicerón, para que colabore económicamente coas Escolas Nocturnas de Obreiras do Sindicato Católico de Santiago.
Billete da Invitación do Ateneo León XIII a Ricardo Blanco-Cicerón para asistir á velada homenaxe a Antonio López Ferreiro organizada no Seminario. Asinado por Máximo de la Riva García como Presidente da entidade.
Boletín Oficial da Provincia de A Coruña onde se anuncia a quebra da sociedade mercantil `Pérez y de Andrés`, da que é síndico Ricardo Blanco-Cicerón, entre outros.
Sociedade Fotográfica, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Blanca Mora, Santiago Fernández Gómez, Manuel
Vista xeral da cabeceira do mosteiro, cos arcos apuntados sobre columnas con capiteis vexetais e ausencia da cuberta. Destacan tres homes posando.
Capitulacións matrimoniais de Domingo de la Riva Blanco e Carmen Bacariza Varela.
Dende a entidade ofertan unha moeda de oro de Amadeo de Saboya de interese para Ricardo
Os asinantes, presidente e secretario da sociedade, informan ao destinatario da toma de medidas pertinentes, ante a baixada unilateral no salario dos traballadores
Os asinantes, presidente e secretario da sociedade, informan ao destinatario do acordo de paralización de traballos polo desacordo na rebaixa do salario dos canteiros
O remitente informa de que están á venda un marco antigo e un reloxo de pesas de parede. Tamén que hai unha persoa interesada en mercar algunha casa propiedade de Blanco-Cicerón, se está en venda
O remitente pregunta a Blanco-Cicerón se a escultura de Carbonell é do seu agrado
O remitente confirma un envío a Blanco-Cicerón que probablemente xa lle chegara, e comenta con detalle a voda de Concepción Nieto, filla do seu socio