O remitente, gobernador eclesiástico, comunica que a catedral de Calahorra actuará da maneira máis convinte respecto dos obxectos solicitados para a Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente, Ministro de Gracia y Justicia, remite a súa vez unha carta recibida do Bispo de Lugo, resposta a unha previa na que lle manifestara os seus desexos de que a Diocese de Lugo estivera presente na Exposición Regional Gallega de 1909. A carta do Bispado de Lugo inclúe outra nota sobre o nomeamento de Lago como bispo de Osma
O remitente agradece as xestións e as atencións recibidas dende o bispado de Lugo para participar na Exposición Regional Gallega de 1909
O remitente, Benito Murua López, solicita a Blanco-Cicerón que colabore nunha exposición en Lugo cedendo algúns obxectos da súa colección
O bispo de Tarazona, saúda e agradece a hospitalidade dispensada pola familia Blanco Cicerón, na súa visita á cidade de Compostela
O bispo de Tui solicita a Ricardo Blanco-Cicerón colaboración en especie ou en diñeiro para a realización dun festival infantil a favor dos nenos pobres da cidade
O bispo de Lugo concede 50 días de indunxencia aos fieis que rogaran polo eterno descanso de Concha Blanco Cicerón.
O remitente agradece a Ricardo Blanco-Cicerón a súa xenerosidade