Discurso dado polo rei Afonso XII no Ateneo de Madrid no ano 1884
Cartel institucional da Xunta sobre o 700 aniversario da morte de Afonso X, O Sabio, e as actividades que se van celebrar. Deseño gráfico, Pepe Barro
Mouton García, Luis, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio dos reis Afonso XII e a súa segunda muller Mª Cristina. Ambos están sentados, ela de lado nunha cadeira e el a cachapernas, co respaldo entre ambas pernas. Ela vai vestida ao estilo polisón e el con traxe de levita.
Herbert, Pedro Martínez de, 1819-1891, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio co busto de Afonso XII inscrito nun óvalo, con bigote e abondosas patillas, vestico con casaca escura con condecoracións e unha banda encarnada cruzando o peito.
Debas, Fernando, 1842-1914, Fotógrafo . (Madrid )
Retrato de estudio co busto de Afonso XII inscrito nun óvalo, co pelo curto e imberbe, vestido con casaca escura cunha condecoración e unha banda cruzando o peito.
A fotografía dun relevo en mármore con marco de madeira. Representación do rei Afonso XIII e Vitoria Uxia. Ambas figuras de 3/4, de pé e de perfil. Ela, con tiara, detrás de el, e apoiando a súa man dereita no brazo del. El vestido con traxe de capitán xeneral, coas mans cruzadas e apoiadas sobre a empuñadura da espada.
Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Visita dos Reis de España a Santiago de Compostela, sentados nun coche de cabalos. Dun lado van sentados Afonso XIII e a súa muller, Vitoria Uxía de Battenberg. De fronte a eles, o Xeneral Miguel Primo de Rivera. O coche está na praza da Inmaculada, ateigada de público. Ao fondo vese parte da fachada do Seminario de San Martiño Pinario