Rexistros atopados: 2 Total de páxinas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Pacheco Guedes, José, Fotógrafo . (Ourense )
1913-02-19
1 postal fotográfica(s) Positivo en branco e negro 141 x 90 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de parella de dous nenos disfrazados segundo a moda de 1800. A nena leva un vestido longo, estilo imperio, de manga curta, con luvas longas e zapatos de tacón; leva unha perruca cuns longos bucles caendo sobre os ombros e adornada con plumas. O neno, tamén con perruca, leva chaqueta con faldróns nas costas, calzón curto e medias e zapatos. A nena apoia a súa man esquerda na man dereita do neno, nun ademán de iniciar unha danza.

FLL/Foto-29//08
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Pacheco Guedes, José, Fotógrafo . (Ourense )
1910-04-19
1 postal fotográfica(s) Positivo en branco e negro 90 x 140 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato dunha nena vestida de branco con melena curta e rizada recollida cunha lazada branca na parte superior da cabeza. Está xogando cunha pelota, que está suspendida no aire. Detrás, un pano de fondo que debuxa un xardín

FLL/Foto-29//07
Página: 1/1