Julio Buide Codesido, procurador dos herdeiros de Ricardo Blanco-Cicerón, arrenda no seu nome a José Alonso González un molino na parroquia de Baldráns
Antonio Fernández Tafall comunica a Ricardo Blanco-Cicerón que deixa o local que lle ten alugado para o xornal.
O remitente informa sobre a busca de nova vivenda para desaloxar a que ocupan na Senra, e así poida Ricardo Blanco-Cicerón comezar o proxecto da súa casa na Senra.
O remitente informa sobre o envío de 40 pesetas do alugueiro de agosto do nº 3 da Senra, ocupado polos fillos de Manuel P. Santamarina.
O remitente, o novo administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa do saldo en canto ao peche do ano 1916 en 251,24 pesetas. Tamén sobre o novo alugueiro da casa pequena a un garda municipal, en 8 pesetas de renda mensual, que está avalado polo tesoreiro do Concello
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa sobre o saldo de 1500 pesetas a favor de Ricardo; tamén sobre o comportamento do procurador Verísimo Abundancia, que non entrega as rendas das fincas e acerca do impago da inquilina da casa pequena, por necesitar a casas varias reparacións
O remitente, administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa do mal comportamento do procurador Verísimo Abundacia, en canto á entrega das rendas de dúas fincas, `Campo do Pozo` en Areas e `Teorreiros` en Soutelo, amais do retraso no pago do aluguerio da inquilina da casa pequena
O remitente, o novo administrador de Blanco-Cicerón en Tui, informa sobre o cambio de nome nun poder, sobre os retrasos no pago do alugueiro da viúva de Victoriano Martínez, sobre outras rendas que pon a disposición do procurador o Sr. Abundancia
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, solicita forma de pago do importe anual do alugueiro da casa descontando o importe da obras realizadas.
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa sobre a misa diaria que realiza no altar da Virxe das Dores da catedral de Tui, por parte do Doutoral, ata nova orde. Agradece e felicita as festas de Nadal
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do envío da plano e orzamento para a reforma da cociña no segundo andar, para poder alugarse á familia do novo doutoral. Inclúe a forma de pago, descontando dúas pesetas da mensualidade do alugueiro
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, pon a disposición de Ricardo o pago do alugueiro anual da casa onde vive. Informa sobre o interese do novo doutoral de alugar o segundo andar da mesma casa, promete enviar plano e orzamento da reforma. Ao final da carta, borrador da resposta de Ricardo pouco lexible
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, agradece un ofrecemento de Ricardo e informa de que en caso de abandonar a casa que ten alugada avisaría con tres meses de antelación
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do remate das obras da cociña do andar segundo da casa alugada, tamén comenta do resultado do tubo da cheiminea, e outros arranxos de carpintaría necesarios tras o reforma
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, sobre o envío por xiro da cantidade de 710 pesetas para saldar o alugueiro da casa do ano anterior, e solicitando acuse de recibo
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, solicita indicacións para o pago anual do alugueiro, xa que non recibiu resposta desde a última carta, indicando que de non recibir orde contraria, procederá ao xiro postal da cantidade
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, solicita indicacións para o pago anual do alugueiro, xa sexa por xiro postal ou por outra forma. Na segunda folla, borrador da resposta de Blanco-Cicerón
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, envía o estado de contas. Indica a entrega ao doutoral o importe pola misa diaria no altar da Virxe das Dores da catedral; ao mesmo o pago dun novenario; o importe da renda da casa, con saldo a favor de Ricardo por 222 pesetas que entrega ao Sr. Laiseca
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa sobre a reunión co prelado sobre o asunto de usar o privilexio de Oratorio
O remitente, maestro de capela da catedral de Tui, informa do xiro da cantidade aproximada do total do alugueiro do ano da casa a razón de dúas pesetas diarias. Comenta sobre a personalidade do novo procurador