Rexistros atopados: 2 Total de páxinas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.98 - Antonio Fraguas Fraguas
03.06.98.02 - Fotografías etnográficas e outras

Pereira, Juvenal J., Fotógrafo . (Rio de Janeiro-Mendes )
1890 / 1900
1 fotografía(s) salón ou imperial Positivo en branco e negro 170 x 122 mm., sobre cartón de 300 x 241 mm.

En: 03.06.98.02 - Fotografías etnográficas e outras

Retrato dun pai coas dúas fillas e un fillo. O pai, de pelo curto e bigote, está sentado no centro, vestido cun traxe de chaqueta escuro cunha gran gravata de lazo. No colo leva a nena máis pequena, de pelo moi curto e cun vestido de manga curta. Á dereita está a outra nena, sentada nunha cadeira de respaldo alto, tamén de pelo moi curto e cun vestido de manga curta adornado cun gran colo branco. Á esquerda está o neno, montado nun triciclo, con gorra, chaqueta branca e pantalón curto de cadros. Detrás, un pano de fondo no que só se distingue unha barandilla de pedra pintada.

AFF/Foto-30//01
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.07 - Carme Fandiño Quintans

Photographia do Commercio, Fotógrafos (Rio de Janeiro) Teixeira Bastos, Antonio José
1910 / 1916
1 fotografía(s) cabinet Positivo en branco e negro 138 x 99 mm., sobre cartón de 163 x 106 mm.

En: 03.06.07 - Carme Fandiño Quintans

Retrato dun home novo de corpo enteiro con traxe de chaqueta, chaleco, camisa de colo duro e gravata. Leva o seu brazo esquerdo apoiado nunha columna de madeira torneada. No outro lado, hai un velador torneado e tallado que sostén un libro pechado.

CFQ/Foto-29//26
Página: 1/1