Ver nivel superior
Autorización censora para a publicación da obra `De Granada a Roma y regreso` de Amando Castroviejo Nobajas.
O Interventor da Administración Depositaria de Rendas do partido de Tui certifica unha débeda de consumos contraída polo concello de dita cidade.
Certificado do Secretario do Concello de Tui no que se describen todos os feitos referidos ao caso de José Amoedo contra o Concello, narrados secuencialmente, ata chegar á conclusión de que o único responsable é o Tenente Alcalde Sr. Crespo, e o Depositario municipal, Juan Ramón Hermida, e agora a súa viúva, exonerando completamente ao resto da corporación municipal.
Certificado de apertura da investigación do incendio da casa do depositario do concello de Tui, Juan Ramón Pérez Hermida, para averiguar as causas do suceso, xa que a casa é do Concello e ademais de documentos do mesmo, tamén tiña cartos do consistorio e a fianza en papel nominal depositada por José Amoedo.
Certificado de boa conduta de Isidro Castroviejo Nobajas.
Certificado do Comisionado Pascual Pastor y Folgar nas provincias de A Coruña e Pontevedra, para cobrar as rendas debidas por varias persoas ao Estado.
Certificado de extractos do libro de actas das sesións do Concello de Tui coas referencias ao caso de José Amoedo tratado en cada sesión.
Certificado do xefe da Administración Económica da Coruña verificando a anulación dos asuntos das fincas de Romay e Garrido dándolle unha sentenza a favor do Estado no contencioso sobre estas fincas.
Certificado de nacemento de Joaquín José Marcos Seijas Poch, fillo de Joaquín Seijas e Carmen Poch.
Certificado de nacemento de Joaquín José Marcos Seijas Poch, fillo de José Seijas Moreno e Carmen Poch.
Certificado do acordado polo Concello no referente á conduta inapropiada do xuíz de Primeira Instancia, Manuel Mella Montenegro nun caso de abusos electorais.
Ver nivel superior
Certificado do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos da inscrición no Rexistro da Propiedade Intelectual da obra `La cooperación en la agricultura` de Amando Castroviejo Nobajas.
Certificado do Secretario do Concello de Tui sobre os contidos do libro copiador da súa Secretaría, en concreto nas comunicacións que aparecen nos folios 120 e 121.
O Secretario do Concello de Tui certifica que o relevo do cargo do Depositario Municipal, pasando de Hipólito Padín Díez Robles a Juan R. Hermida. Asi mesmo, tamén certifica que o antigo depositario entregou todo os documentos e bens que posuía polo desempeño do cargo, incluida fianza de 56000 pesetas nominais depositadas como fianza de arrendos de consumo por José Amoedo co data 10/02/1879.
Certificado notarial do pago de 56.000 pesetas en papel nominal ao Concello por parte de José Amoedo, arrendatario do imposto de consumos da cidade de Tui.
Certificado de José María Dorado, escribán da Audiencia de Galicia, sobre o fallo no caso de Manuel Puga contra Manuel María Puga sobre a nulidade da división de bens da condesa de Ximonde, no que se expón que non `ha lugar` ao artigo de nulidade proposto por Manuel Puga.
Certificado sobre a resolución do caso de José Amoedo contra o Concello de Tui sobre o pago de 56.000 pesetas nominais en garantía dun arrendo de consumo. Declarando responsables a José Crespo e a Juan Ramón Hermida, exonerando ao resto da corporación municipal.
Victoriano Sobrido encarga a Manuel Ortiz, arquitecto da Real Academia de Nobles Artes, que tase a capela de Vilaxoán (Pontevedra), que resulta en 4500 ptas. trala enumeración do que consta dita capela.
Joaquín Gutiérrez de la Peña Piñeiro modifica o seu testamento, no que se inclúe recibir a renda da Casa da Senra por parte de Nicolás Pérez Santamarina. Tamén inclúe o testamento de Antonio Fraga Parafita e dous certificados, aparentemente sen relación co anterior.Conxunto de catro documentos que inclúen a modificación do testamento de Joaquín Gutiérrez de la Peña Piñeiro, onde se menciona unha renda da Casa da Senra, ao seu sobriño Antonio Fraga Parafita como herdeiro. División testamentaria en catro cupos de Antonio Fraga Parafita, morto in testato. E a reclamación de lexítima por parte da representante legal dos fillos lexítimos de Antonio Fraga Parafita.