Recibo de pago do contrato entre Johan Gonçaluo Gomes e Gonçaulo Peres, por importe de 100 marabedís. Vai asinado por Pero Martin, crego de Santo Andre de Illobre, xa que os contratantes, como se especifica no documento, non saben ler nin escribir.
O remitente, albanel portugués, informa a Ricardo Blanco-Cicerón sobre a redución do seu orzamento.
O remitente, albanel portugués oferta o seus servizos para traballar na casa da Senra; explica algúns dos seus traballos para o Casino de Vigo e a Compañía de Ferrocarril
O remitente, doutor da farmacia Areses en Tui, recomenda a un albanel portugués moi formal, honrado e traballador. Aproveita para enviar saúdos á familia de Ricardo.
O remitente, doutor da farmacia Areses en Tui, recomenda a un albanel portugués e un estucador da mesma nacionalidade.
O remitente agradece a Ricardo Blanco-Cicerón o pésame pola morte da súa muller, comunica a adxudicación da obra de San Telmo ao mestre Moreira e envía por este último o importe dos tecidos
O remitente, albanel portugués, envía carta de presentación a Ricardo Blanco-Cicerón, trala recomendación do Doutor Juan Areses de Tui.
Contrato entre José Durán e Candelaria Bargiela para construir un mausoleo no cemiterio católico de Pontevedra.
Ver nivel superior
Contrato mancomunado polo que Salvador López de Heredia e Tomás Cobos, donos da `Ferrocarrilana del Norte` retiran o servizo que prestaban na liña Santiago-Ourense en favor de Manuel Blanco e Manuel Cerviño, donos de `La Unión`, durante catro anos a cambio dunha indemnización de 1166 reais mensuais.