Apuntamentos sobre a descendencia de José Pardo de Lugo e Lorenza Pimentel, bisavós de Ricardo Blanco-Cicerón e pais de María Josefa e Miguel Pardo de Sobrado Pimentel (1788-1847), quen casou con María Benita Domínguez Figeroa (ca. 1790-1877) e tiveron oito fillos.
O remitente, comunica a Ricardo Blanco-Cicerón, o ingreso en conta dun cheque por importe de 3000 pesetas de Viuda e Hijos de Simeón García, que o administrador de Ricardo en Tui, Melitón López, lle entregou.
Candelaria Bargiela Nuñez, prima e afillada de Ricardo Blanco-Cicerón, dalle o pésame polo pasamento de Ana Núñez. Tamén escriben José Bargiela González e Casilda e Joaquín Bargiela Nuñez.
A remitente, coidadora do pai de Ricardo, informa do estado de saúde, e traslada a necesidade de tomar baños en Cuntis para paliar as dores de pernas e brazos.
Joaquín Bargiela Nuñez, primo de Ricardo Blanco-Cicerón, escribe desde Arxentina para saludar á familia.
Joaquín Bargiela Nuñez, primo de Ricardo Blanco-Cicerón, comenta o retorno do seu irmán Tomás Bargiela trala súa viaxe a Europa e a visita á familia.
Joaquín Fernández de la Granja, capelán de San Diego de los Baños, solicita a Ricardo Blanco-Cicerón información biográfica dalgún membro da familia Cicerón distinguido polas armas, para incluir no libro Antigüedades de Tuy, libro que está escribindo.
O remitente, Joaquín Fernández de la Granja, solicita a Ricardo Blanco-Cicerón toda información da familia de Ricardo para incluir nun libro que está a escribir da historia de Tui.
O remitente, informa a Ricardo sobre o desenvolvemento das obras do tellado na capela de San Telmo e sobre a toma de posesión do seu fillo na División Hidrolóxica Forestal do Atlántico
O remitente, informa a Ricardo sobre o desenvolvemento das obras do tellado na capela de San Telmo, solicita o envío de tecido e pide un programa de historia natural para o seu fillo Esteban que quere examinarse para preparados de farmacia
O remitente, farmacéutico de Tui e amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, felicita o santo de Ricardo e informa sobre a saúde de Doña Ana, nai de Blanco-Cicerón.
Carta de Juan Areses, farmacéutico de Tui e amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, sobre a saúde da súa nai e informa da celebración dunha misa para pedir pola recuperación. Tamén comenta sobre a nova recomendación para que Atilano, poida presentarse aos exames de setembro na materia Farmacéutica Vexetal.
O remitente solicita o envío de tecido para facer uns traxes para os fillos, e pide a Ricardo Blanco-Cicerón o programa e apuntes da asignatura de Historia Natural para o seu fillo Esteban Areses Vidal, que por suposto abonará en conta do destinatario
O remitente, irmán de Manuel Gómez (vendedor da estatua de Hércules), sauda a Ricardo e a súa familia
O remitente, Juan Ramón de la Riva, cuñado de Ricardo Blanco-Cicerón, solicita uns modelos para facer unhas claraboias. Envía saúdos para a súa irmá e muller de Ricardo, Herminia.
Marcial Álvarez agradece a Ricardo Blanco-Cicerón e a súa familia as atencións habidas con el.
O remitente, amigo de Ricardo Blanco-Cicerón, solicita a súa intervención para que busque traballo nalgunha das casas a un rapaz de a Gándara. Envía recordos para a familia de Ricardo
O remitente, familiar de Ricardo, informa da visita de Jacobo García Blanco-Cicerón a Logroño. Ademais de ofrecer un duro de Isabel a Católica polo prezo de 20 reais
Peregrina Rodríguez, curmá de Ricardo Blanco-Cicerón, comunica o envío de 30 duros a Ricardo, solicita avisen da recepción e saúda á familia.
Peregrina Rodríguez, curmá de Ricardo Blanco-Cicerón, pregunta sobre a recepción dos 25 duros que debía a Ricardo