García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo . (Ourense )
Fotografía dun cadro onde se representa un baile de muiñeira; á esquerda, os músicos, destacando un gaiterio; no centro un home comezando a bailar, e unha muller sentada; na dereita catro figuras máis. Todas as personaxes con indumentaria folclorizada.
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres co traxe rexional de Candelario. Fotografía de R. G. Ubierna
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres, de costas, co traxe rexional canario. Fotografía de Kindel (Joaquín del Palacio)
Cartel da Dirección General de Turismo para a promoción do sector. Dúas mulleres co traxe rexional de Salamanca. Fotografía de R. G. Ubierna
Sellier Loup, José, 1850-1922, Fotógrafo
Retrato de estudio con pano de fondo dun home coa gaita e un rapaz co tamboril. Ambos van vestidos a xogo, coa roupa das actuacións. O gaiteiro leva monteira baixa cun gran pompón, chaqueta sobre camisa branca, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano con pompóns e zapatos. O tamborileiro leva monteira baixa, chaqueta sobre chaleco e camisa, calzón curto que deixa ver as cirolas, polainas de pano e zapatos.
Imaxe de construción pétrea con lintel na porta. No acceso, dúas figuras de corpo enteiro e de pé. O home con sombreiro, barba e de perfil; a muller de fronte, descalza e mirando ao espectador, viste indumentaria tradicional. Ao lados da porta, varios sacos de gran.
Cartel do Día do Enxalzamento do traxe galego celebrado no ano 2011
Imaxe de catro homes con indumentaria tradicional con chaleco, calzón curto, polainas e monteira, sentados nunha mesa de taberna.
Grupo de feirantes na Carballeira de Santa Susana. No centro, un home vestido con chapeu, camisa, chaleco, chaqueta e calzón curto, con medias de la e zocos. Ao seu carón varias mulleres con pano da cabeza, mantóns de abrigo e saias longas. Detrás, varias cabezas de gando vacún. Ao fondo, entre as pólas dos carballos, a Catedral de Santiago.
Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña)
Retrato dun grupo de persoas que forman unha agrupación folclórica, composta por tres parellas de bailadores e dous músicos: gaita e caixa. As mulleres e os músicos están detrás de pé e os tres bailadores sentados no chan. As mulleres van coa cabeza descuberta, co pelo partido en dúas metades e recollido na parte posterior; na parte alta da cabeza levan un lacito de veludo. Visten camisas brancas e sobre elas os dengues adornados con colares de doas esféricas, suxeitos ao tecido e aos agremáns do dengue; só unha delas leva sapo ou aderezo. As tres levan mantelos negros. A da dereita leva na cintura unha faixa bordada; a do medio unha flor de tea, e a da esquerda unha cinta cunha lazada. As tres portan castañolas nas mans. Os tres bailadores viste monteiras baixas, chaquetas sobre camisas brancas, calzóns curtos, cirolas e polainas. Os músicos visten como os bailadores, aínda que o gaiteiro, Manuel Manso, leva unha pluma na monteira. Ao seu carón está seu fillo Francisco Manso, coñecido como Cafú, tocando a caixa; leva chaleco e por riba a coñecida chaqueta con remontas negras que sempre levaba nas súas actuacións.
Retrado dunha parella na eira dunha casa, coa muller á esquerda sentada nun tronco e o home de pé á dereita. A muller leva pano da cabeza branco, pano de caxemira sobre camisa branca, refaixo, mandil e zocos. O home leva chapeu, chaqueta sobre camisa e chaleco, pantalón longo e zocos; na man, un paraugas. Detrás, unha parella de nenos e un carro cargado de herba.
Debuxo coa imaxe idealizada dunha muller collendo auga nunha sella. Vai vestida con pano da cabeza, mantón sobre camisa de amplas mangas, saia, mandil e zocas de punta moi picuda.
Vista da eira dunha casa con varias pombas e galiñas soltas e xunto a elas, un can. Á dereita hai unha muller de idade avanzada, de pé vestida con pano na cabeza, mantón cruzado no peito e unha mantela de pano sobre os ombreiros, unha saia escura e zocos; nas mans leva un pano branco atado con algo no seu interior. Á esquerda hai un home, de pé, con boina, chaleco, chaqueta e pantalón longo. A cada lado ten dúas nenas de curta idade, ambas con pano na cabeza e mandil; a máis pequena leva un fouciño na man e intenta cortar unha vara de madeira. Ao fondo está a casa, con paredes de cachotería e cuberta de tella. Apoiado na parede da casa, hai un rapaz con boina, chaqueta e pantalón longo, a carón dunha moa de afiar e cunha ferramenta na man.
Cartel do II Día do Enxalzamento do traxe galego, organizado por Latexos
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Galicia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. En primeiro plano, dúas columnas. Á esquerda hai un manequín de home vestido cunha monteira, rematada en 4 pompóns, e unha almilla escura con remontas negras nos puños e no cóbado. No centro, outro manequín masculino sentado nun muro e apoiando as costas nun remate esférico de pedra. Viste pucho, almilla clara con remontas nos puños adornadas con semicírculos; parece levar un chaleco por riba da almilla. Nas pernas, leva cirolas, calzón curto, polainas e zocos; sostén unha gaita co roncón apoiado no seu ombro esquerdo e aos seus pés, no chan, un tamboril. Ao seu carón hai un manequín dun neno. Á dereita, un manequín feminino con pano da cabeza, atado na parte superior, un mantón posiblemente estampado e con flocos anoados e un mantelo cun enorme rodo de veludo e agremán bordado no centro.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Galicia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. En primeiro plano, unha sucesión de arcos de medio punto sobre columnas pareadas de capiteis historiados. En plano medio, á dereita hai dous manequíns, un de home de pé e outro de muller axeonllada. Ao fondo, á esquerda, un gaiteiro sentado nun muro baixo cun neno ao seu carón e á dereita, dous manequíns femininos, un de pé e outro sentado no chan.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Galicia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925, con dous manequíns, un masculino e outro feminino diante do pórtico dunha igrexa, cun arco de medio punto. Á dereita está o manequín do home, apoiado na columna da porta. Leva a cabeza descuberta, pois ten o pucho na man esquerda. Viste unha almilla co corpo negro e as mangas claras, adornada con remontas xeométricas nos puños e na parte inferior. Por baixo, leva unha camisa branca e unha faixa de cor clara, cos flocos colgado lateralmente. Nas pernas leva calzón curto sobre as cirolas, polainas e zapatos. Á dereita está o manequín feminino, de costas, axeonllada no chan. Leva unha mantela de pano cun ancho rodo de veludo e adornada con agremán bordado na parte central. De cintura para abaixo leva unha saia negra e un mantelo, tamén con rodo de veludo e agremán bordado.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Málaga na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena de pesca con catro manequíns masculinos nunha praia na que está varada unha embarcación. Á esquerda hai un home con dous cestos de esparto cargados de peixe, pendurados dos brazos; no centro, outro home cun xeonllo apoiado no chan e ao seu carón dous rapaces de costas, recostados no chan.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Murcia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena exterior con cinco manequíns, tres mulleres e dous homes. No lado dereito hai unha parella de mozos cos traxes típicos; no centro, outra parella de máis idade e na esquerda unha muller axeonllada. No fondo, debuxado na parede, unha paisaxe cunha casa típica.
Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio
Instalación correspondente a Valencia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. Escena doméstica con catro manequíns femininos, vestidos de `falleras`, no interior dunha casa. No centro da composición, unha muller sentada nunha cadeira diante dun secreter aberto. Ao seu carón, dúas mulleres de pé, unha mostrándolle tecidos e a outra colocándolle unha mantela polos ombreiros. Detrás, unha muller de idade avanzada observando uns tecidos de seda.