Vista xeral do lateral dunha capela entre dous troncos de grandes árbores; construción de planta rectangular con tellado a dúas augas e unha porta con arco mozárabe. Ao fondo paisaxe con monte
O remitente, vicepresidente da comisión arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909, agradece ao destinatario, farmacéutico de Samos, o trato dispensado aos comisionados que percorren a provincia de Lugo na procura de obxectos para e exposición.
Vista xeral do ángulo dun claustro; tres corpos de alzado, planta baixa con arcos de medio punto e os dous andares, con dúas ventás por vano. No centro, xardín con buxos e unha fonte con catro sereas como soportes