Cartel do 2º Encontro cultural organizado en Amarante sobre as culturas galegas e portuguesas, no ano 1988. Deseño de Karin Somers
Cartel do festival de teatro celebrado en agosto de 1985 en Cariño
Cartel do celebración dunhas xornadas sobre a figura de Agostinho da Silva e a cultura galaico-portuguesa na USC no ano 2006
Fotomontaxe coa vista en detalle do anverso e reverso dunha arracada. TNo anverso, ten forma circular oca, formada por varias láminas de metal pegadas e decoradas no interior con cinco seccións semiesféricas. Na parte baixa, levan unha placa triangular con decoración incisa de puntos. E na parte superior, a cadeiña de fíos trenzados para colgar da orella.
Cartel institucional da Xunta de Galicia para a promoción do Camiño Portugués no Ano Santo de 1993. Deseño de Sánchez Gallego
O remitente refire a Blanco-Cicerón datos sobre un tríptico de marfil en venda
O remitente, vicepresidente da Comisión Arqueolóxica da Exposición Regional Gallega de 1909, solitica ao destinatario colabore co comisionado que visitará Braga e publique no Boletín Oficial a circular da comisión, para que os párrocos do arcebispado faciliten o traballo dos comisionados (Pablo Costanti e José Limia).
O remitente, vicecónsul en Oporto, informa das diversas xestións realizadas para conseguir obxectos para a Exposición Regional Gallega de 1909, ademais recomenda o envío de cartas a diversas autoridades (Cámaras de Comercio, Sociedade Martins Sarmento e coleccionistas particulares). Adxunta unha folla con datos de interese
O remitente agradece a Ricardo Blanco-Cicerón que mostrara a súa colección
O remitente está levando a cabo un estudo sobre fíbulas da antiga Lusitania e pregunta a Blanco-Cicerón se el conta con algunha na súa colección
O remitente, doutor da farmacia Areses en Tui, recomenda a un albanel portugués moi formal, honrado e traballador. Aproveita para enviar saúdos á familia de Ricardo.
O remitente informa sobre as pezas da zona de Viana do Castelo que poden ter relación con Galicia e polo tanto exhibirse na Exposición Regional Gallega de 1909. É unha carta adxunta doutra asinada por `Gabriel` e diríase que a segunda presenta á primeira (que semella faltarlle a primeira folla)
Marcial Álvarez agradece a Ricardo Blanco-Cicerón e a súa familia as atencións habidas con el.
Cartel do congreso celebrado en Santo Tirso no ano 1963. Debuxo de J. Isidoro