Vista detalle dun libro; no centro da páxina, unha figura masculina con espada, coroa e estandarte con tres cunchas de vieira, a cabalo sobre os inimigos. Á esquerda unha lenda en latín, e á dereita, unha fotaleza con ameas
Vista detalle dun libro; representación dun altar con cortina inferior, remate triangular e columnas con volutas. No centro, figura sedente de Santiago con caxato, coroa, esclavina con cunchas de vieira e cartela co seu nome S. Iacobus. Á súa esquerda, figura de pé con cartela identificativa Theodorus; á dereita home con libro na man e cartela, Atanasius.