Contestación sobre o caso do convenio de herdanza ao que chegaron os irmáns José, Josefa, Vicenta e Valentina pola débeda contraída por José por importe de 20.000 reais, por impago da hipoteca sobre a casa familiar deixada en herdanza por Rosalía García aos seus catro fillos e hipotecada polo fillo, José.
Joaquín Gutiérrez de la Peña Piñeiro modifica o seu testamento, no que se inclúe recibir a renda da Casa da Senra por parte de Nicolás Pérez Santamarina. Tamén inclúe o testamento de Antonio Fraga Parafita e dous certificados, aparentemente sen relación co anterior.Conxunto de catro documentos que inclúen a modificación do testamento de Joaquín Gutiérrez de la Peña Piñeiro, onde se menciona unha renda da Casa da Senra, ao seu sobriño Antonio Fraga Parafita como herdeiro. División testamentaria en catro cupos de Antonio Fraga Parafita, morto in testato. E a reclamación de lexítima por parte da representante legal dos fillos lexítimos de Antonio Fraga Parafita.
Escritura de obriga do difunto Juan Amil de España datada en 1832-09-25, seguida de certificados e toma de posesión dalgúns bens no mesmo ano.
Relación dos bens herdados por Alberto Verea da súa muller Manuela Gonzalez.
Testamento de José Benito del Río y Moreira e María Josefa Noguerido y Fariña.
Conxunto de dúas escrituras en favor de Juan Noguerol. Na primeira, cos bens cedidos por Elvira Díaz, muller de Lopo Cando, ante o notario Vasco Marcote Romaño. Na segunda, as herdades cedidas polo matrimonio Fernando Domínguez e Mayor González, veciños de San André de Carnoedo.
Cláusula do testamento da Condesa Francisca de Zuniga.
Testamento incompleto dun relixioso de Santiago, firmado na mesma cidade. Lega, entre outros, a favor da súa irmá, Mayor Vázquez, muller de Juan Vázquez de Folgoso e dos seus sobriños, fillos de Rodrigo de Canabal, unhas casas na Rúa do Vilar
Testamento de Fernando González de Canabal. Incompleto, falta a metade da última folla.
Traslado de manda e testamento de Fernán Reymóndez de Figueroa, rexidor de Betanzos, ante o notario Vasco Reymóndez Romaño.
Testamento e disposicións para o enterro.
Partición dos bens da herdanza de José Santamarina, herdados pola súa muller, Dolores Valdés Romero, e os seus fillos Peregrina e Antonio Santamarina Valdés. É copia.
Vicenta Baamonde troca unhas terras herdadas por outras co seu irmán José Baamonde.
Documento que certifica o cumplimento das últimas vontades de Joseph de San Millán Castro e a súa dona, Inés de Castro, polo que pagarán o noviciado das súas fillas, Mariana e Isidora de San Millán Castro no convento de Nosa Señora da Concepción de Tui. No reverso da segunda folla, constan as renuncias das irmás en favor do seu irmán, Joseph de San Millán.
Documento que fai referencia ao testamento do cardeal Pedro Varela, sobre o que lle corresponde aos seus herdeiros e o que corresponde ao Deán e ao Cabido de Santiago.
Escrito de demanda de Antonio Varela Estolle sobre a falta de bens no inventario do auto testamentario de Dona Manuela Estolle. Inclúen diñeiro, xoias, obxectos mobles, dereitos e accións e documentos.
Escrito do representante do Conde de Atares y Alba Real, Francisco Villanueva y Zayas, sobre a nulidade do reparto da herdanza da súa nai Mª Rosario de Zayas Arias de Saavedra, en resposta á demanda interposta pola irmá do conde, Luisa Villanueva y Zayas.
Escritura de partilla de Domingo García Carantoña e a súa dona, Josefa Soto, a petición de varios herdeiros.
`Hijuela` de María Mancebo, froito da partición en dúas metades da herdanza de Gregorio Mancebo, pai da herdeira. Inclúe o impreso de Recaudación do dereito de hipoteca do partido de Vilafranca.
Descrición do enxoval de Ana García, herdado tras a morte do seu marido, Antonio Troncoso. Moitos dos obxectos están na casa de Mateo Antoñana.